S'Espalmador
S'Espalmador é unha illa balear situada ao norte da illa de Formentera e ao sur de Eivisa, que forma parte das Illas Pitiusas. Depende do municipio de Formentera e da parroquia de Sant Ferran de ses Roques, e está incluída no Parque Natural de ses Salines.
Tipo | Illote | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Pitiusas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Formentera, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Dimensións | 1,3 () × 2,7 () km | |||
Superficie | 2 km² | |||
O nome da illa provén do verbo «espalmar», que se refire ás labores de limpeza e mantemento das embarcacións que se facían nas calas protexidas da illa.
Xeografía
editarCuns 2 km² de superficie, ten aproximadamente 2.925 m de lonxitude e 800 m de anchura, sendo a illa máis grande das illas deshabitadas das Pitiusas. Está rodeada doutras illas menores: des Porcs, sa Torreta, Casteví e s'Alga.
A illa ten forma alongada de norte a sur. A punta des Pas, ou de ses Savines, é o seu extremo meridional e máis oriental separado da punta des Borronar da península des Trucadors por un brazo de auga de 50 metros de ancho e 2 metros de profundidade. Segundo as condicións das correntes de auga, es Pas pódese cruzar camiñando. En determinadas épocas chegou a estar unido fisicamente a Formentera por unha lingua de area de pouca ou nula profundidade. Cando a marea está baixa pódese ir andando a través do chamado paso des Trocadors, aínda que as correntes da zona (en ocasións bastante importantes) fan totalmente desaconsellable esta práctica.
A súa costa é acantilada, exceptuando unha cala ao sur e outra, máis pequena, ao noroeste, que, por estar protexida por un pequeno illote, a Illa de Sa Torreta, constitúe un lugar ideal para o refuxio de embarcacións. Tamén contén unha pequena lagoa que é utilizada polos visitantes para tomar baños de lodo. As súas praias son de auga transparente e de area branca.
Historia
editarExisten restos de instalacións púnicas non escavadas que indican que existiu un asentamento entre os séculos III e I a.C. Nun promontorio ao norte da illa hai un xacemento arqueolóxico que podería ser unha vila romana.
Durante os séculos XVI e XVII, cando Formentera estaba practicamente despoboada, s'Espalmador foi escenario dalgúns episodios bélicos entre piratas e eivisencos.
Despois da repoboación de Formentera, os recursos de s'Espalmador eran aproveitados a través da pesca e a extracción de marès, unha rocha sedimentaria balear. Durante o século XX foi un punto estratéxico para o tráfico de produtos de contrabando.
Ao norte de s'Estanyol hai unha casa tradicional, chamada Can Vidal, que foi habitada desde o século XIX. En 1927 a illa foi comprada polo empresario mataroní Bernard Cinnamond James. Construíronse vivendas no Racó de S'Alga, ao norte da praia de S'Alga, cun oratorio dedicado a San Bernardo. Na actualidade é unha residencia de verán e a illa é propiedade dos seus descendentes.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: S'Espalmador |
- Entrada na Enciclopèdia d'Eivissa i FormenteraArquivado 11 de xuño de 2013 en Wayback Machine.