Río Don
O Don (en ruso: Дон), é un importante río de Rusia, cun curso de 1.950 km, que desemboca no mar de Azov. O total da súa cunca abrangue unha área de 425.600 km².
(ru) Дон | ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Unified Deep Water System of European Russia (en) | |||
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
País da cunca | Rusia | |||
División administrativa | Oblast de Tula, Rusia (pt) , Óblast de Ryazan, Rusia, Óblast de Rostov, Rusia, Provincia de Lipetsk, Rusia, óblast de Voronezh, Rusia e Óblast de Volgogrado, Rusia | |||
Localización | Planalto central da Rússia (pt) | |||
Final | ||||
División administrativa | Rusia | |||
Localización | Óblast de Rostov | |||
Desembocadura | Mar de Azov | |||
| ||||
Afluentes | 85 | |||
Conca hidrográfica | Don basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 1.870 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 422.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 935 m³/s | |||
Percorrido
editarO Don nace no lago Iván (Ivan Ozero), non lonxe da cidade de Tula. Desde a súa fonte, primeiro flúe cara ó sueste até Voronezh, despois cara suroeste. A cidade máis importante que atravesa no seu curso é Rostov do Don. No seu extremo oriental, o Don pasa próximo do río Volga, o que foi aproveitado para unir ambas bacías fluviais a través do canal Volga-Don, unha importante vía de navegación na Rusia meridional, que atinxe uns 105 km. Desde Rostov parte tamén un canal que o comunica directamnete co mar Caspio. Desemboca finalmente no mar de Azov, na baía de Taganrog, e xusto xunto a pequena cidade de Azov.
Afluentes
editarO máis importante dos afluentes é o Donets (1.053 km), pola beira dereita, que ten a maior parte do seu curso en Ucraína. Pola marxe esquerda destacan o río Medveditsa (745 km) e o Chopjor (1.010 km).
Historia
editarO río era coñecido na Grecia antiga, denominandoo Tanais, sendo utilizado como ruta comercial esencial para penetrar nas chairas rusas. O curso do río foi considerado antigamente como o límite entre Europa e Asia.
O curso baixo do Don foi o escenario da Operación Urano, que durante a segunda guerra mundial marcou o comezo da contraofensiva soviética na batalla de Stalingrado.
Étimo do nome
editarO nome do Don contén a mesma raíz indoeuropea, *dhen - "correr, fluír", que o Danubio (lémbrese que este en alemán é Donau), e tamén aparece na primeira parte dos nomes dos ríos Dnister ou Dniéper. Posibelmente o nome orixinal era o escita (iranio) danu "río", evolucionado en oseto a don "río".
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Don |