Rush (álbum)

álbum

Rush é o álbum de estrea da banda canadense de hard rock Rush, publicado o 1 de marzo de 1974 a través do selo Moon Records. O disco amosa moito do típico son heavy metal das populares bandas británicas aparecidas a comezos da década. Rush eran seareiros de grupos como Led Zeppelin e Cream, e esas influencias poden escoitarse na meirande parte das cancións do álbum. O batería orixinal John Rutsey tocou en todos os temas, pero era incapaz de realizar unha extensa xira debido á súa diabetes e deixou o grupo despois da edición do álbum. Ao pouco tempo sería substituído por Neil Peart.

Rush
Álbum de Rush
Publicado1 de marzo de 1974
Gravación1973
Duración40:07
Xénero(s)hard rock, heavy metal
Selo(s)Moon Records
Producido porRush
Cronoloxía
- Rush Fly by Night

Listaxe de cancións editar

Toda a música por Geddy Lee e Alex Lifeson, agás onde se indique. Letras por Geddy Lee.

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Finding My Way"   5:03
2. "Need Some Love"   2:16
3. "Take A Friend"   4:27
4. "Here Again"   7:30
Cara 2
N.º Título Duración
5. "What You're Doing"   4:19
6. "In the Mood" (Lee) 3:36
7. "Before And After"   5:33
8. "Working Man"   7:07