Rugby en Afganistán
Rugby é un deporte relativamente novo en Afganistán, mais a súa popularidade está en aumento.
Historia
editarO primeiro equipo local foi creado no ano 2011 e disputou o seu primeiro partido, cos pés descalzos, contra soldados das forzas especiais de Nova Zelandia na Zona Verde de Cabul[1]. O primeiro torneo de rugby oficial en Afganistán foi patrocinado pola Embaixada Británica en decembro de 2011[2]. O primeiro partido internacional de Afganistán, en categoría rugby 7, foi o 27 de abril de 2012 contra os Emiratos Árabes[3]. Tamén ten programado participar no Sevens Bournemouth en Glastonbury en xuño de 2012[1].
A Federación de Rugby de Afganistán
editarA Federación de Rugby de Afganistán (ARF) foi rexistrada no Comité Olímpico Nacional, na República Islámica de Afganistán no ano 2010[3][4].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 http://www.dailymail.co.uk/sport/rugbyunion/article-2122266/Afghanistan-rugby-team-coming-England.html
- ↑ https://archive.today/20121221124150/www.dailytimes.com.pk/default.asp?page=2012%5C04%5C16%5Cstory_16-4-2012_pg2_14
- ↑ 3,0 3,1 http://www.timesofmalta.com/articles/view/20120416/sport/Sports-round-up.415681
- ↑ http://www.independent.co.uk/sport/rugby/rugby-union/news-comment/ruck-and-maul-could-wasps-find-a-new-home-in-groundshare-with-the-bees-7606152.html
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Afghan Rugby Federation
- "Afghan players dream of rugby glory", Seattle Times, 24 de xuño de 2011 (en inglés).
- "Afghans to play first rugby match abroad", Daily Times (Paquistán), 16 de abril de 2012 (en inglés).