Rugby Europe Championship 2017

En 2017 disputouse a edición inaugural do Rugby Europe Championship, o principal torneo de seleccións de rugby do continente europeo tralo Torneo das Seis Nacións. Este "Seis Nacións B" organizado por Rugby Europe é o campionato herdeiro da European Nations Cup disputada até 2016.

Participaron nesta edición do torneo as seleccións de Xeorxia, Romanía, Rusia, España, Alemaña e Bélxica.

Táboa

editar
Rugby Europe Championship 2017
Selección Puntos PX PG PE PP Bonus
1   Romanía 19 5 4 0 1 3
2   Xeorxia 19 5 4 0 1 3
3   España 13 5 3 0 2 1
4   Rusia 9 5 2 0 3 1
5   Alemaña 8 5 2 0 3 0
6   Bélxica 2 5 0 0 5 2
A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos.
Os puntos bonus acádanse anotando tres ensaios máis que o rival, ou perdendo por sete puntos ou menos.

Resultados

editar
Xornada Data Local Resultado Visitante
1 11 de febreiro Alemaña   41 - 38   Romanía
1 11 de febreiro Bélxica   6 - 31   Xeorxia
1 11 de febreiro España   16 - 6   Rusia
2 18 de febreiro Romanía   13 - 3   España
2 18 de febreiro Bélxica   18 - 25   Rusia
2 19 de febreiro Xeorxia   50 - 6   Alemaña
3 4 de marzo Rusia   10 - 30   Romanía
3 4 de marzo España   10 - 20   Xeorxia
3 4 de marzo Alemaña   34 - 29   Bélxica
4 11 de marzo Alemaña   15 - 32   España
4 11 de marzo Bélxica   17 - 33   Romanía
4 12 de marzo Xeorxia   28 - 14   Rusia
5 18 de marzo España   30 - 0   Bélxica
5 19 de marzo Rusia   52 - 25   Alemaña
5 19 de marzo Romanía   8 - 7   Xeorxia

Clasificación para a Copa do Mundo

editar

A suma dos resultados da edición 2017 e da edición 2018 do Rugby Europe Championship, excluíndo os de Xeorxia, contan como torneo clasificatorio para a Copa do Mundo de Rugby 2019 que terá lugar no Xapón. Non se teñen en conta os resultados da selección xeorxiana por estar xa clasificada. Tralo remate da edición 2018 o primeiro equipo irá directamente á Copa do Mundo, e o segundo equipo aínda terá unha segunda oportunidade para clasificarse na repesca.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar