Abrir o menú principal

Rubén García

promotor cultural galego

Rubén García Fernández, nado en Ribadavia en 1951 e falecido na mesma vila o 21 de outubro de 2008, foi un promotor cultural galego.

Rubén García
Nacemento1951
 Ribadavia
Falecemento21 de outubro de 2008
 Ribadavia
CausaEsclerose lateral amiotrófica
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1973 foi un dos promotores da Mostra de teatro galego Abrente en Ribadavia, que se considera o punto de partida do teatro contemporáneo en Galicia, e onde naceu o grupo Abrente de dramaturgos. Posteriormente foi o director da súa continuación, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, dende 1984 e tamén de varias edicións da Feira do Teatro de Galicia.

Recibiu o premio María Casares de honra pola súa traxectoria de apoio ao teatro.

Faleceu como consecuencia dunha esclerose lateral amiotrófica[1].

NotasEditar