Roupa interior
A roupa interior, tamén chamada roupa íntima ou, no caso da roupa feminina, lencería, é un tipo de roupa que se leva preto da pel, normalmente baixo outras pezas de vestir.[1]
O principal motivo de uso da roupa interior é a hixiene, aínda que tamén existen outros motivos, como o abrigo ou a comodidade. A miúdo, a roupa interior tamén ten unha carga erótica que fai que a roupa interior tamén se utilice como fonte de excitación e xogo nas relacións sexuais.
Existe roupa que se utiliza especificamente como roupa interior, aínda que tamén existen pezas que poden ter outros usos alternativos: utilízanse como bañador (se están feitas dun material adecuado) ou, no caso dalgunhas camisetas e shorts, tamén poden ser usados como roupa exterior. En calquera caso, a utilización destas pezas de formas alternativas depende de cuestións culturais, sociais e ata legais. Tamén inflúen cuestións ambientais como o clima.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Roupa. interior
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roupa interior |