Roundhay Garden Scene

filme de 1888 dirixido por Louis Le Prince

Roundhay Garden Scene é unha curtametraxe muda de 1888 gravada polo inventor francés Louis Le Prince. Rodado en Oakwood Grange en Roundhay, Leeds, no norte de Inglaterra, crese que esta escena é o filme máis antigo que existe dos que sobreviviron até o presente.[1]

Roundhay Garden Scene
Ficha técnica
Título orixinalRoundhay Garden Scene
DirectorLouis Le Prince
ProdutorLouis Le Prince
Intérpretes
  • Annie Hartley
  • Adolphe Le Prince
  • Joseph Whitley
  • Sarah Whitley
FotografíaLouis Le Prince
MontaxeLouis Le Prince
Estrea14 de outubro de 1888
Duración2,11 segundos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroCurtametraxe muda
Na rede
IMDB: tt0392728 Filmaffinity: 922950 Allocine: 147150 Editar o valor em Wikidata

Segundo o fillo de Le Prince, Adolphe, o filme foi rodado en Oakwood Grange, o fogar de Joseph e Sarah Whitley, en Roundhay, Leeds, West Riding of Yorkshire, o 14 de outubro de 1888.[2] A escena amosa ó fillo de Louis, Adolphe Le Prince, a súa sogra Sarah Whitley (nada como Robinson e 1816 e finada o 24 de outubro de 1888), o seu sogro Joseph Whitley (nado en 1817 e finado o 12 de xaneiro de 1891) e Annie Hartley no xardín de Oakwood Grange paseando tranquilamente. Sarah é vista camiñando, ou bailando, cara a atrás cando ela pega a volta, e as colas do abrigo de Joseph vense voando mentres el tamén dá a volta. Joseph e Sarah Whitley eran os pais da muller de Le Prince, Elizabeth. Crese que Annie Hartley era unha amiga de Le Prince e da súa muller. Sarah Whitley morreu dez días despois de que a escena fose rodada.[3]

Notas editar

  1. Smith, Ian (10 de xaneiro de 2016). The Vintage News, ed. "“Roundhay Garden Scene” recorded in 1888, is believed to be the oldest surviving film in existence". Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  2. Youngs, Ian (23 de xuño de 2015). BBC, ed. "Louis Le Prince, who shot the world's first film in Leeds". Consultado o 24 de agosto de 2016. 
  3. "Monumental Inscriptions at St. John's Church, Roundhay, Leeds". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2015. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar