Rotario
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Rotario ou Rothari, duque longobardo de Brescia, elixido rei dos longobardos de Italia polo partido ariano, sucedendo así ao seu predecesor ariano Arioaldo (636 e casa coa súa viúva católica Gundeperga).
Nome orixinal | (la) Rothari |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 606 Brescia, Italia |
Morte | 652 (Gregoriano) (45/46 anos) Monza, Italia |
Rei | |
636 – 652 | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Longobardos |
Relixión | Arianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Duque |
Cónxuxe | Gundeperga |
Fillos | Rodoaldo |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Traxectoria
editarO seu reinado está marcado por de novas conquistas longobardas; Córsega foi invadida, a Toscana e a Liguria conquistadas e ocupadas, e Xénova cae no 643. Ao nordeste, apodérase por fin da fortaleza de Oderzo, que sempre rexeitara aos longobardos e bate en dúas ocasións aos bizantinos nos montes Apeninos e na aba setentrional do Monte Cimone. Morre no 652 e é enterrado en Pavia, capital longobarda.
Rotario é o primeiro rei longobardo en poñer por escrito as leis orais do seu pobo e dos seus súbditos bárbaros. Así, o 22 de novembro de 643, fai publicar en Pavia o seu famoso edicto, máis coñecido co nome de Edicto de Rothari, de inspiración xermánica.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarReino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Arioaldo |
Rotario | Precede a: Rodoaldo |