Rosa Agazzi
Rosa Agazzi, nada en Volongo o 26 de marzo de 1866 e finada na mesma vila o 9 de xaneiro de 1951, foi unha pedagoga italiana, irmá de Carolina Agazzi.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1866 Volongo, Italia (pt) |
Morte | 9 de xaneiro de 1951 (84 anos) Volongo, Italia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | pedagoga |
Compañeiro profesional | Carolina Agazzi: Rosa y Carolina Agazzi |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Irmáns | Carolina Agazzi |
Traxectoria
editarEstudou na escola normal de Brescia, a primeira educación básica. En 1891 participou nun congreso para educadores de parvulario, e foi aquí onde nace o seu amor por esta rama da educación, e ao ano seguinte xa dirixía dous xardíns infantís. En 1898, comeza a facerse famoso o método de ensinanza que desenvolveu ela e máis súa irmá, logo de expoñelo no Congreso Pedagóxico Nacional.
Metodoloxía
editarPrincipios didácticos
editarOs principios didácticos da súa metodoloxía son:
- Coñecemento a través da observación: o neno ten dentro de si habilidades que o axudan a aprender.
- Carácter globalizador: isto fala de que os nenos aprenden dunha forma xeral, eles ven conxuntos, non individuos.
- Valoración da actividade do neno: é necesario que os nenos experimenten e fagan cousas para que estes as entendan.
- Valor da alegría: aprender a recoñecer e tomar vantaxe dos xogos dos nenos, que e cando estes baixan a garda e entréganse ao que o xogo lles pode ensinar.
- Valor da orde: orde material, estético, espiritual, moral, social e harmónico.
Elementos destacados do modelo
editarPara o completo desenvolvemento deste método, é moi importante que as escolas conten con dous elemento que axudarán ao desenvolvemento das habilidades dos nenos:
- O museo didáctico: un recuncho, estante ou baúl no que os nenos e nenas poidan atopar toda clase de obxectos que os axuden a desenvolver as súas habilidades. Deben ser obxectos sinxelo e con diferentes formas, tamaños e cores.
- Os contrasinais: símbolos ou xestos que lles axuden a manter a orde, a limpeza e a disciplina sen que faga falta dicilo de forma explícita.
O lema desta técnica e “preparar para a vida facendo vivir”. É por isto que a partir de diversas actividades os nenos son ensinados a manterse na limpeza, na saúde, na cultura física e a súa linguaxe.
Areas fundamentais no seu sistema
editar- Educación sensorial: desenvólvese ordenando por cores, materias e formas dos obxectos.
- Instrución intelectual: baséase na exploración do mundo e na percepción natural dos conceptos.
- Educación do sentimento: contra a agresividade. Desenvólvese practicando a relixión, a educación física e a educación moral.
Impacto da metodoloxía
editarO método Agazzi influíu notablemente na educación infantil italiana. Segundo datos do ministerio de educación italiano calcúlase que no 1948 o seguían o 74% das escolas infantís italianas. En España a súa incidencia foi moito menor, se ben certos elementos como o uso de contrasinais ou o recoñecemento dunha certa función maternal das educadoras infantís debémosllo as Agazzi.