Carolina Agazzi

educadora infantil italiana

Carolina Agazzi, nada en Volongo en 1870 e finada na mesma vila en 1945 foi unha pedagoga italiana.

Infotaula de personaCarolina Agazzi
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor em Wikidata
Volongo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1945 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Volongo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagoga , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalRosa Agazzi: Rosa y Carolina Agazzi Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsRosa Agazzi Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Canda a súa irmá Rosa Agazzi traballou no ámbito da educación infantil e a súa metodoloxía tivo moita influencia neses anos.

O seu método baséase en respectar escrupulosamente a liberdade e espontaneidade do neno mediante o seu traballo independente e a presentación de contidos a través actividades lúdicas. Na súa metodoloxía optan por unha disposición circular dentro da aula e empregan unha canción para amenizar e acompañar as actividades.

O método Agazzi influíu notablemente na educación infantil italiana. Segundo datos do ministerio de educación italiano calcúlase que en 1948 era seguido no 74% das escolas infantís italianas. En España a súa incidencia foi moito menor, aínda que certos elementos como o uso de contrasinais ou o recoñecemento dunha certa función maternal das educadoras infantís debémosllos ás Agazzi.

A súa metodoloxía baséase en tres áreas fundamentais:

  • Educación sensorial: Para desenvolver esta área utilizan o método de ordenar elementos por cores, tamaños, formas.
  • Instrución intelectual: Esta área baséase na exploración do mundo e a percepción natural dos conceptos.
  • Educación do sentimento: Esta área está desenvólvese practicando a relixión, a moral e a educación física.

Obras editar

  • La lingua parlata (1898)
  • L'arte delle piccole mani (1923)
  • Guida per le educatrici dell'infanzia (1932)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar