Erronkari
Erronkari (tamén oficial en castelán: Roncal) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Roncal-Salazar e a 90 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 241 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e a súa densidade de poboación é de 6,21 hab/km².
Roncal (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Poboación | ||||
Poboación | 214 (2024) (5,52 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (zona lingüística) lingua castelá (zona lingüística) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 38,8 km² | |||
Altitude | 720 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Alfredo Cabodevilla Munarriz (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 31415 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 31210 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Arette (1991–) | |||
Xeografía
editarSituación
editarA localidade de Erronkari está situada na parte Nordés da Comunidade Foral de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica dos Vales Pirenaicos Orientais, no centro do val de Roncal e a unha altitude de 720 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e limita ó norte cos concellos de Uztarroze, Urzainki e Izaba, ó leste co de Garde, ó sur co de Burgi e ó oeste co de Bidankoze.[1]
Barrios
editarArana, Castillo, Iriartea, Iriondoa e San Juan.
Demografía
editarA evolución da poboación dende 1900 foi inicialmente ascendente até o censo de 1910 que acadou o máximo de 572 habitantes, a partir do cal foi descendendo paseniño. Dende o ano 1900 até o ano 2014 o descenso foi do -5,4%.
Cultura
editarNesta localidade viviron os derradeiros falantes do uskara ou roncalés, variedade local do éuscaro.
Festas
editarAs festas patronais de Erronkari celébranse do 14 ó 18 de agosto, na honra da Nosa Señora do Castelo.
Gastronomía
editarSon típicas as migas do pastor, así como os "calderetes" de cordeiro (guiso de cordeiro con patacas). O produto típico con denominación de orixe é o queixo Roncal.
Economía
editarA economía baséase nunha fábrica de queixo, así coma na gandería e o turismo rural. Asemade, dispón de oficinas bancarias, comercios, biblioteca e un Centro de Interpretación da Natureza, onde se representa a fauna e flora do Val de Roncal, así como se describen as formas de vida.
Notas
editar- ↑ Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Roncal". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 1 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erronkari |