Ron Crocombe
Ronald Gordon Crocombe, nado o 8 de outubro de 1929 en Auckland e finado o 19 de xuño de 2009 na mesma localidade, foi un historiador neozelandés, especialista no Pacífico Sur.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de outubro de 1929 Auckland, Nova Zelandia |
Morte | 19 de xuño de 2009 (79 anos) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Educación | Universidade Vitoria de Wellington Universidade de Auckland Universidade Nacional Australiana |
Actividade | |
Ocupación | Historiador da economía, académico |
Empregador | Universidade do Pacífico Sur |
Familia | |
Cónxuxe | Marjorie Crocombe |
Traxectoria
editarRon Crocombe educouse en Piopio no distrito de Waitomo ata que regresou a Auckland para estudar no Otahuhu College, logo realizou estudos superiores por correspondencia e máis tarde rematou os estudos na Universidade de Auckland. Ron viviu en varias illas do Pacífico durante varios anos antes de se converter a comezos da década de 1950 en axente residente en Atiu nas Illas Cook, estudou desenvolvemento económico e psicoloxía cultural na Universidade Vitoria de Wellington e historia na Universidade Nacional Australiana (UNA), defendendo en 1961 a tese "Land tenure in the Cook Islands".
Crocombe viviu en Papúa Nova Guinea de 1962 a 1969 como director da unidade de investigación da UNA nese territorio, trasladándose á Universidade do Pacífico Sur en Suva como responsable do Instituto de Estudos do Pacífico durante vinte anos, vivindo entre Suva e Rarotonga, onde tiña a súa familia. Ao se xubilar en 1989 converteuse en profesor emérito. Considérase o pai dos Estudos do Pacífico[1]. Morreu mentres dun ataque ao corazón no Aeroporto de Auckland cando se dispuña para volver á súa casa en Rarotonga. O seu funeral celebrouse no Parlamento das Illas Cook.
Obras
editar- Crocombe R.G. 1958. The Cook Islands. Wellington: Government Printer.
- Crocombe R.G., M.T. Crocombe (eds.). 1968. The Works of Ta'unga: Records of a Polynesian Traveller in the Southern Seas, 1833-1896. Canberra: Australian National University Press ; Honolulu: University of Hawaii Press.
- Crocombe R.G. 1968. Improving land tenure : a survey of the problems of adapting customary land tenure systems to modern economic conditions in the region served by the South Pacific Commission. Nouméa: South Pacific Commission.
- Crocombe R.G. 1971. Land tenure in the Pacific. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-550316-3.
- Crocombe R.G., A. Ali (eds.). 1983. Foreign forces in Pacific politics. Suva: University of the South Pacific.
- Patel K., R.G. Crocombe, P. Hereniko (eds.). 1985. Tahiti: The Other Side. Suva: University of the South Pacific.
- Crocombe R.G. (ed.) 1988. Pacific universities: achievements, problems, prospects. Suva: University of the South Pacific.
- Bartlett A., P. Larmour, R.G. Crocombe. 1981. Land, People and Government: Public Lands Policy in the South Pacific. Suva: University of South Pacific.
- Acquaye B., R.G. Crocombe (eds.). 1984. Land tenure and rural productivity in the Pacific Islands. Suva: University of the South Pacific.
- Pollock N.J., R.G. Crocombe (eds.). 1988. French Polynesia : a book of selected readings. Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0032-6.
- Crocombe R.G. 1990. Voluntary service and development in the Cook Islands. Rarotonga: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0023-7.
- Crocombe M.T., R.G Crocombe, K. Kauraka, M. Tongia (eds.). 1992. Te rau maire: poems and stories of the Pacific. Rarotonga: Tauranga Vananga. ISBN 982-220-005-6.
- Crocombe R.G. e E. Tuza. 1992. Independence, dependence, interdependence : the first 10 years of Solomon Islands independence. Honiara: University of the South Pacific Honiara Centre. ISBN 982-02-0194-2.
- Crocombe R.G. 1992. Pacific Neighbours: New Zealand's Relations With Other Pacific Islands. Christchurch: University of Canterbury ; Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0078-4.
- Crocombe R.G., M.T. Crocombe. 1994. Post secondary education in the South Pacific: present patterns and future options. Londres: Commonwealth Secretariat. ISBN 0-85092-399-9.
- Crocombe R.G. 1995. The Pacific Islands and the USA. Rarotonga: University of the South Pacific ; Honolulu: East-West Center. ISBN 982-02-0116-0.
- Crocombe R.G., M.T. Crocombe (eds.). 2002. Akono'anga Maori: Cook Islands culture. Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0348-1.
- Nedeljkovic M., R.G. Crocombe. 2003. Terre et territoires: défis et évolutions dans les pays du Pacifique. París: Harmattan. ISBN 2-7475-4422-2.
- Crocombe R.G. 2007. Asia in the Pacific Islands: Replacing the West. Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0388-0.
- Crocombe R.G. 2008. The South Pacific. 7th edition. Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0154-3.
Notas
editar- ↑ "Fiji Times: Father figure of 'Pacific Studies' passes away". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2011.