Romaría de San Antón (Ábedes)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A romaría de San Antón, na parroquia de Santa María en Ábedes, Verín, celébrase o 17 de xaneiro.
Trátase dunha romaría que se atopa entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. É unha festa celebrada durante toda unha xornada no monte desta pequena aldea chamada Ábedes, a 2 km da Vila de Verín.
A celebración está considerada como o primeiro acontecemento socio-gastronómico do ano. Tamén é unha tradición de culto ao lume.
Descrición
editarA festa consiste en desprazarse ata o monte de dita parroquia, ó redor dunha capela antiga; vaise en cuadrillas de familiares e amizades e fanse pequenas fogueiras onde se cociñarán durante todo o día alimentos coma chourizos e pezas de carne de porco.
Un dos datos máis relevantes desta celebración para á comarca é a presentación, por primeira vez no ano, do traxe de Cigarrón. Este acto tamén dá comezo ó Entroido que se vive en Verín.
A celebración comeza ás 12:30 horas cunha procesión que parte dende a parroquia e que realiza o tradicional percorrido pola zona ata chegar á capela, onde ten lugar unha misa solemne ás 13:00 horas. A continuación, os veciños e veciñas da contorna pasan a xornada comendo os diferentes xantares típicos deste festexo, coma chourizos, costelas de porco, empanada e viño.
Para finalizar o festexo, nas derradeiras horas da tarde, fan a súa aparición os protagonistas do Entroido de Verín, Os Cigarróns, que visten o traxe por primeira vez no ano. Fan soar as súas chocas para anunciar que o gran Entroido de Verín está a piques de comezar.
Para que esta celebración sexa totalmente segura e sen risco de perigos, acoden ó evento a agrupación de voluntarios de Protección Civil que, habitualmente, coloca un posto sanitario na zona da capela.
O acceso para os vehículos está permitido dende Ábedes e dende a rúa San Antón para todos aqueles que desexen asistir a festa.
Galería de imaxes
editar-
Cruceiro da entrada.
-
Zona da Festa.
-
Capela vista dende atrás.
-
Ao redor da capela.
-
Ao redor da capela.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- La Región ed. (17-01-2017). "San Antón celébrase na parroquia verinense de Ábedes."
- Vídeo Youtube (18-01-2012). "Verín fiesta de San Antón Ábedes 2012."
- La Región ed. (16-01-2019). "A Parroquia de Ábedes, en Verín, celebra hoxe o San Antón."
- Plataforma Digital de Fiestas (17-01-2012). "Romería de San antón en Ábedes." Arquivado 27 de abril de 2019 en Wayback Machine.
- La Región ed. (15-01-2014). "El concello rehabilitará la capilla de San Antón en Ábedes."