Romano II
Romano II, nado en 939 e finado en 963, sucedeu ao seu pai Constantino VII como emperador bizantino á idade de vinte e un anos, e morreu en 963, segundo se cre, envelenado pola súa segunda esposa, a emperatriz Teófano.
Romano II | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 938 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | 15 de marzo de 963 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Causa | caída de cabalo |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | gobernante |
Pai | Constantino VII |
Nai | Helena Lecapena |
Cónxuxe | Teófano Anastaso e Verta da Provença |
Fillos | Ana Porfirogénita, Basilio II e Constantino VIII |
Irmáns | Teodora, Agatha, Zoe, Anna e Theophano |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Aínda pequeno, foi desposado con Berta, filla ilexítima de Hugo de Arlés, rei de Italia -a cal cambia o seu nome a Eudocia ao converterse á igrexa ortodoxa-; pero cando Hugo abdicou do trono de Italia e morreu en 947, e tamén morreu Berta en 949, Romano fixo cumprir a promesa do seu pai que lle permitía elixir á súa propia esposa. A elección de Romano recaeu nada menos que na filla dun taberneiro chamada Anastaso, coa que casou, tomando esta o nome de Teófano.
Foi un emperador amante dos praceres, pero tamén foi sensato na elección dos seus ministros. O grande acontecemento do seu reinado foi a reconquista de Creta, tomada aos árabes polo seu xeneral e sucesor no trono Nicéforo Focas en 961.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Constantino VII |
Romano II | Precede a: Nicéforo II |
Dinastía Macedonia |