Romano I
Romano I Lecapeno (Romanos I Lakapenos, 870 - 948), compartiu o trono do Imperio bizantino con Constantino VII, exercendo o poder total entre 919 e 944. Era o almirante da frota bizantina no Danubio cando, ao saber da derrota do exército na batalla de Anchialus (917), decidiu dirixirse a Constantinopla.
Romano I | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 870 |
Falecemento | 15 de xuño de 948 e 15 de marzo de 948 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Soterrado | Mesquita de Bodrum |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | gobernante |
Pai | Theophylaktos Abastaktos |
Cónxuxe | Teodora |
Fillos | Cristovo Lecapeno, Estevo Lecapeno, Constantino Lecapeno, Helena Lecapena, Teofilacto de Constantinopla, Basílio Lecapeno e Agatha Lekapene |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Tralo matrimonio da súa filla Helena con Constantino, foi nomeado, por primeira vez na historia bizantina, basileopator ("pai do emperador") en 919, e pouco despois, coroado coemperador do seu xenro. Durante o seu reinado intentouse limitar a acumulación de latifundios por parte dos grandes terratenentes do Imperio. Os seus dous fillos, Estevo e Constantino, impacientes por ocuparen o poder e cansados da lonxevidade do seu pai, acabaron co seu reinado e poder case absoluto en 944, deportándoo ás illas dos Príncipes no mar de Mármara e obrigándoo a profesar como monxe. Pero no canto de facerse co poder, Constantino VII foi recoñecido como único emperador, sendo ambos deportados á mesma illa xunto ao seu pai. Romano morreu en 948.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Constantino VII Porfiroxéneta |
Romano I | Precede a: Constantino VII Porfiroxéneta |
Dinastía Macedonia |