Romano de Rávena

(Redirección desde «Romano, Exarca»)

Romano (morreu en 596 ou en 597) foi exarca de Rávena (589-596/597).

En 589 converteuse en exarca no lugar do desacreditado Esmaragdo, e no seu primeiro ano de exarca recuperou as cidades de Módena, Reggio, Parma, Piacenza, Altinum, e Mantua do poder dos longobardos. En 592 o Papa Gregorio I pediu a axuda de Romano para axudalo a asistir a Nápoles, que sufría un ataque longobardo, pero Romano considerou máis prudente permanecer na Italia central. O Papa firmou a paz co Ducado de Spoleto para librar Nápoles. Pouco despois, os longobardos ocuparon Perugia, facendo que Romano enviase un exército para recuperar a Umbría. O rei longobardo Axilulfo, ao saber isto, pasou a Italia central e mesmo ameazou Roma. Vendo que o exarca estaba pouco disposto a facer a paz, o Papa tentou saltar a autoridade do exarca apelando ao emperador bizantino Mauricio en 595, pero foi en van. Romano morreu sobre o final de 596, e foi sucedido por Calinico, que resultou ser máis conciliador.

Exarcado de Rávena

Segue a:
Esmaragdo
Romano de Rávena
Precede a:
Calinico