Rolanda Marais
Rolanda Marais, nada na provincia de Gauteng[1] 19 de xaneiro de 1978, é unha actriz surafricana, sobre todo coñecida polo papel da doutora Stefanie na telenovela de kykNET, Binnelanders .
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1978 (46 anos) |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Traxectoria
editarAta os doce anos viviu en Xohanesburgo e logo mudouse cos seus pais a Wellington na rexión vinícola da provincia do Cabo Occidental[2]. Logo de rematar a secundaria estudou arte dramática na Universidade de Cidade do Cabo e tamén se graduou no seu departamento de estudos afrikaans e neerlandeses[3].
No seu último ano de universidade, xa comezou a aparecer en producións profesionais e debutou na televisión en 2001 na miniserie Lied van die Lappop. En 2005 actuou na coprodución británica-surafricana Out On A Limb protagonizada por Neil Stuke. Tamén apareceu en varios anuncios. A partir de 2006 actuou na telenovela Binnelanders interpretando á doutora Stephanie. A partir de 2009 deixou de traballar como actriz independente e asinou contrato con Stark Studios.
No teatro traballou co director Marthinus Basson en varias producións, e entre as obras máis salientables nas que actuou están Romeo en Juliette (1998) de Peter Verheist con Jana Cilliers, Antoinette Kellerman e David Minnaar, Aars! (2001) de Peter Verheist con Antoinette Kellermann e David Minnaar, Moerkind (2001) de Hein Eksteen, Elke Duim 'n Koning (2001) de Pieter Fourie, The Two Gentlemen of Verona (2003) de William Shakespeare, Die Twaalfuurwals de Chris Barnard (2007), Dogma (2014) de Christiaan Olwagen ou Die Seemeeu (2015) de Anton Chekhov[4].
En televisión actuou en Charlie Jade (2005), en dúas tempadas de Zero Tolerance da SABC 2 (2004) e na segunda tempada da serie dramática de SABC 1, Intersexions (2013). Marais tamén interpretou o papel de Analine King, viúva con tres fillos na serie de SABC 3, High Rollers (2013). En 2019 protagonizou[5] a serie de suspense Trackers coprodución da surafricana M-Net, a norteamericana Cinemax e a alemá ZDF. No cinema protagonizou en 2012 o filme Wolwedans in die Skemer de Jozua Malherbe e en 2016 Johnny is nie dood nie de Christiaan Olwagen.
Notas
editar- ↑ "Rolanda Marais". Afternoon Express.
- ↑ "Rolanda Marais". tvsa.co.za.
- ↑ "Rolanda Marais" (PDF). Artist Connection.
- ↑ "Klassieke Tsjechof in Afrikaans in die Baxter". Maroela Media. 22 de outubro de 2015.
- ↑ "Trackers’ Rolanda Marais on being a mom and loving the Mother City". The Plum List. 22 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020.