Rodney Williams (político)
Rodney Errey Lawrence Williams, nado en Swetes en 1947, é un político antiguano, actual gobernador xeral de Antiga e Barbuda.
Rodney Williams | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de novembro de 1947 |
Lugar de nacemento | Swetes |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Universidade de Queensland |
Ocupación | político, médico e badminton executive and administrator |
Premios | Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de san Miguel e san Xurxo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
É médico de profesión. Ingresou na política en 1984 como membro do parlamento da circunscrición de San Pablo, que fora representado anteriormente polo seu pai. Entre 1992 e 2004, desempeñouse no gabinete como ministro, ocupando varias ou conxuntamente as carteiras de educación, cultura, tecnoloxía, desenvolvemento económico, turismo e ambiente. Representou a San Pablo até 2004 cando perdeu a súa banca nas eleccións xerais de 2004, cando o seu partido, o Partido Laborista de Antiga perdeu as eleccións xerais ante o Partido Progresista Unido.[1]
Desde o 14 de agosto de 2014 é o cuarto gobernador xeral de Antiga e Barbuda.[1][2]
En outubro de 2014 foi nomeado cabaleiro gran cruz da Orde de San Miguel e San Xurxo.[3]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Sir Rodney sworn in as new Governor General | Antigua Observer Newspaper". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2016. Consultado o 07 de febreiro de 2019.
- ↑ "Hail and Farewell - Caribtimes - Antigua Barbuda". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 07 de febreiro de 2019.
- ↑ "Non. 2218472". The London Gazette. 17 de outubro de 2014. p. 1108.