Rock'n Roll (filme de 2017)

filme de 2017 dirixido por Guillaume Canet

Rock 'n Roll é unha comedia francesa escrita e dirixida por Guillaume Canet en 2017.

Rock'n Roll
Ficha técnica
DirectorGuillaume Canet
ProdutorAlain Attal
GuiónGuillaume Canet
Philippe Lefebvre
Rodolphe Lauga
IntérpretesGuillaume Canet
Marion Cotillard
MúsicaMaxim Nucci
FotografíaChristophe Offenstein
MontaxeHervé de Luze
EstudioLes Productions du Trésor
DistribuidoraPathé
Estrea15 de febreiro de 2017
Orixe Francia
Orzamento21.000.000 $ [1]
Recadación9.300.000 $[2]
Na rede
IMDB: tt5351818 Filmaffinity: 553960 Allocine: 244238 Rottentomatoes: m/rockn_roll Allmovie: vm4331515878 Metacritic: movie/rockn-roll Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

Guillaume Canet, actor, de 43 anos de idade, leva a vista atrás cando a súa nova compañeira de elenco lle di que xa non é un obxecto de desexo para as mulleres da xeración máis nova, algo que como actor pode ter repercusións no seu traballo. A razón desta perda de atracción é a súa vida familiar ordenada con Marion Cotillard, o seu fillo Lucien, a súa casa de campo, a súa paixón polos cabalos. Guilleume comprende que debe facer o posible para mudar esa imaxe ordinaria por outra realmente máis sexy.

Elenco editar

 
Marion Cotillard en 2017

Produción editar

 
Guillaume Canet en 2015.

Guillaume Canet quería, logo de varios anos pensando niso, desenvolver o proxecto, ao primeiro pensou na forma de falso documental sobre as pantasmas xerados pola notoriedade [3]. Mais decidiu abandonar esta idea logo da estrea de I'm Still Here (Casey Affleck, 2010), filme no que Joaquin Phoenix presentou a súa nova vida de rapeiro, era xusto o documental que quería facer Canet[3]. Decidiu cambiar a perspectiva, inspirándose na súa propia vida e na súa relación con Marion Cotillard para facer unha curtametraxe[3].

Ao final optouse por unha longametraxe e para seguir o máximo posible un estilo autobiográfico, Canet insistiu en escoller a xente próxima para acompañalo no filme. O produtor Alain Attal, o seu colaborador habitual, actúa no filme ademais de ser o propio produtor do filme. A rodaxe realizouse nos estudios de d'Épinay en Seine-Saint-Denis[4].

Notas editar

  1. jpbox-office
  2. Mojo
  3. 3,0 3,1 3,2 "Secrets de tournage". Allociné. Consultado o 16 de febreiro de 2017. .

 
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.