Roberto Valeiro

futbolista galego

Roberto Valeiro Mato, nado na Coruña o 26 de setembro de 1974, é un ex futbolista galego. Xogaba como porteiro e militou en varios equipos galegos como o Racing Vilalbés ou o Lugo, pero destacou especialmente no fútbol praia, chegando a ser un dos mellores gardametas do mundo da especialidade e acumulando títulos internacionais coa selección española.

Roberto Valeiro
Información persoal
Nome Roberto Valeiro Mato
Nacemento 26 de setembro de 1974
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,93 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Ural
Español
Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1994–1995 Sporting Zas
1995–? Compostela B
Lalín
Español
2001–2002 Malpica
2002–2003 Racing Vilalbés
2005–2006 O Grove
2006–2008 Lugo 41 (0)
Selección nacional
1998–2010 España (fútbol praia)
Na rede
FIFA: 262535 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formado nas canteiras do Ural e o Español da Coruña,[1] formou parte do equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, pasando logo polo Sporting Zas de Rexional Preferente. En xullo de 1995 fichouno a SD Compostela, para xogar no seu filial, o Vista Alegre, e como terceiro porteiro do primeiro equipo, que militaba na Primeira División.[2][3] Pasou logo polo Lalín, o Español da Coruña e o Malpica, antes de recalar en 2002 no Racing Vilalbés.[4]

En xaneiro de 2005 fichou pola USD O Grove e en febreiro de 2006 polo CD Lugo, que militaba entón na Terceira División.[5] Gañou a titularidade no equipo lucense, co que acadou ese ano o ascenso á Segunda División B. Continuou dúas tempadas máis en Lugo, aínda que na segunda metade da tempada 2007/08 perdeu a titularidade en favor de Marcos Valín.[6]

Aos seus 34 anos decidiu deixar o fútbol 11 pero continuou na selección de fútbol ata 2010.

Fútbol praia editar

No verán de 1998 disputou na praia de Riazor un torneo de fútbol praia, onde foi elixido mellor porteiro. Pouco despois o adestrador da selección española de fútbol praia, Joaquín Alonso, pediulle a Ramiro Amarelle, estrela da selección, que buscase un porteiro non profesional, e este elixiu a Valeiro.[4] En xaneiro de 1999 disputou o seu primeiro Campionato do Mundo na praia de Copacabana, no Río de Xaneiro, onde España caeu en cuartos de final contra Portugal.[7] Foi o porteiro titular do equipo español durante os seguintes anos, conquistando tres Eurocopas (1999, 2008, 2009) e cinco Ligas Europeas (1999, 2000, 2001, 2003 e 2006), e xogando dúas finais do Mundial contra o Brasil (2003 e 2004). Foi elixido mellor porteiro do Mundial en dúas ocasións (2004 e 2008), mellor porteiro da Eurocopa noutras dúas (2001 e 2008) e mellor porteiro da Liga Europea en catro (2001, 2002, 2004 e 2006).

Tras a retirada editar

Tras deixar o fútbol traballou como preparador físico no Bergantiños, onde foi tamén o segundo adestrador de Manuel Varela Bardanca. En marzo de 2010 tomou as rendas do equipo ata o final da tempada, por mor dunha lesión de Bardanca, conseguindo o obxectivo da permanencia en Terceira.[8][9]

En xuño de 2010 volveu ao Lugo como adestrador de porteiros, e creou no seo do club unha escola de gardametas.[10][11] Realizou dita labor no club lucense durante sete anos, ata que en 2017 deixou o equipo, incoporándose en 2018 á Cultural Leonesa.[12][13]

Palmarés editar

Selección española de fútbol praia

Notas editar

  1. Teijeiro Aldariz, Alberto (25 de outubro de 2010). "A vida baixo o traveseiro". El Progreso. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  2. "Compostela, el futuro de Valencia" (en castelán). 27 de xullo de 1995. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  3. "El Compos intenta cerrar el fichaje de Babunsky". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 1995. p. 48. 
  4. 4,0 4,1 "El internacional del Racing". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de febreiro de 2002. p. 42. 
  5. "El Deportivo Grove se refuerza con el portero Roberto, y el Céltiga con el centrocampista Diego Pérez". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 5 de xaneiro de 2005. p. 9. 
  6. "Marcos Valín deja el Lugo y firma dos años con el Deportivo B". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 18 de xuño de 2008. p. 49. 
  7. "Tres coruñeses parten con la selección española". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xaneiro de 1999. p. 53. 
  8. "El Bergantiños recibe al líder Dépor B con muchas ausencias". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 8 de abril de 2010. p. 12. 
  9. "El carballés Manuel Varela Bardanca es un entrenador feliz". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 11 de maio de 2010. p. 12. 
  10. "Roberto Valeiro será el entrenador de porteros". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 21 de xullo de 2010. p. 37. 
  11. "La escuela de porteros de Roberto Valeiro abre sus puertas". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 1 de agosto de 2010. p. 40. 
  12. "Entrevista a Roberto Valeiro, entrenador de porteros de la CyD Leonesa" (en castelán). 28 de abril de 2019. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  13. "Componentes primera semana Pretemporada 18/19" (en castelán). 16 de xullo de 2018. Consultado o 4 de maio de 2021.