Abrir o menú principal

Robert John Ouko, nado en Nyahera o 31 de marzo de 1931 e asasinado en Koru o 12 de febreiro de 1990, foi un político kenyano, ministro varias veces nos gobernos de Daniel arap Moi entre 1979 e 1990.

Robert Ouko
Robert Ouko 1981.jpg
Nacemento31 de marzo de 1931
 Kenya
Falecemento12 de febreiro de 1990
NacionalidadeKenya
Alma máterUniversidade Makerere
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Primeiros anosEditar

Robert Ouko naceu no seo da tribo luo, e recibiu a súa educación primaria na na escola de Ogada Primary School e na de Nyang’ori. Estudou logo na Siriba Teachers Training College converténdose en mestre de primaria.

En 1955 logrou o posto de inspector de finanzas públicas de Kisii no distrito de Nyanza Sur, asemade estudaba por correspondencia para obter o certificado en educación na Cambridge School, o que lle permitu estudar entre 1958 e 1962 na Universidade de Adís Abeba en Etiopía un mestrado en administración pública, ciencias económicas e ciencia política. En 1962 obtivo un diploma en relacións internacionais e diplomacia na Universidade Makerere de Uganda.

Vida políticaEditar

Pouco antes da independencia de Kenya en 1963, traballou como secretario adxunto do gobernador británico Patrick Muir Renison e en decembro converteuse en secretario permanente no novo ministerio de traballo kenyano. En 1969 accedeu ao posto de ministro de finanzas e da administración da Comunidade da África Oriental e despois e ata a disolución desta última en 1977 o de economía e mercado común.[1] En 1978 converteuse en membro designado do parlamento kenyano e ministro de economía e asuntos sociais no goberno de Daniel Arap Moi

Elixido como deputado nas eleccións de 1979, converteuse no novo ministro de asuntos exteriores. Reelixido en 1983 e designado ministro de traballo. Tras dunha viaxe oficial a Washington, Ouko entón ministro de exteriores, desapareceu a noite do 12 de febreiro de 1990 na súa propiedade de Koru, preto de Muhoroni. Atopouse o seu corpo sen vida no outeiro próximo de Got Alila o 16 de febreiro. O seu corpo estaba mutilado con signos de tortura. O seu asasinato nunca se resolveu.

NotasEditar

  1. Henry Louis Gates, Jr., Emmanuel Akyeampong, Steven J. Niven (2012) Dictionary of African Biography OUP USA, p. 60