Rissa brevirostris

A Rissa brevirostris é unha especie de gaivota de distribución reducida no Pacífico subártico. Reprodúcese nas illas Pribilof, Bogoslof e Buldir do mar de Bering e nas illas Comandante. Diferénciase do máis común garrucho ou gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) pola cor das patas, que nesta especie son vermellas, e no garrucho son xeralmente negras. Algúns individuos de R. tridactyla poden ter tamén as patas vermellas, o que dificulta a identificación da especie. O bico é máis curto e as ás algo máis escuras. Os individuos novos son similares os adultos e non teñen as patas negras e unha banda en forma de W nas ás coma os exemplares inmaturos do garrucho. Coincide coa subespecie do océano Pacífico, Rissa tridactyla pollicaris, en ter o dedo posterior dos pés ben desenvolvido.

Notas editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.