Risco Caído

sitio arqueolóxico

O Risco Caído é un sitio arqueolóxico da cultura prehispánica de Gran Canaria. Atópase situado no concello de Artenara, na illa de Gran Canaria. É ben de Interese cultural dende 2017 e Patrimonio Mundial da UNESCO dende o 7 de xullo de 2019, de forma conxunta cunha zona de 18000 ha. denominada "Paisaxe Cultural do Risco Caído e os Espazos Sacros de Montaña de Gran Canaria", que abranugue os concellos de Artenara, Tejeda, Gáldar e Agaete.[1][2][3] É o primeiro ben Patrimonio da Humanidade da illa de Gran Canaria e da provincia das Palmas e o quinto do arquipélago canario.[4]

Risco Caído
Risco Caído en Canarias
Risco Caído
Risco Caído
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización28°2′37″N 15°39′41″O / 28.04361, -15.66139
TipoCultural
CriteriosIII, V
Inscrición2019 (24ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1578

Localización editar

O sitio localízase na marxe esquerda do barranco Fondo, que separa os actuais municipios de Artenara e Gáldar. A uns 100 metros de altura con respecto ó fondo do barranco nun saínte do mesmo atópanse escavadas as covas.[5]

Trátase da zona cumio da illa de Gran Canaria e nas súas proximidades localízanse outros importantes sitios arqueolóxicos aborixes como o Roque Bentayga, a “Cova dos Candís” no risco de Chapín ou a Mesa de Acusa.[6]

Descrición editar

O sitio consiste en 21 covas escavadas na rocha volcánica do cantil do barranco. Ditas covas tiveron uso habitacionais e agrario-gandeiro polo menos durante 600 anos, especulándose que estiveron ocupadas até principios do século XX.[7]

Almogarén ou santuario de Risco Caído editar

Ademais dos usos citados, a cova coñecida como C6 suponse que era un almogarén ou lugar de reunión dos Faycanes (sacerdotes <i id="mwLQ">canarii</i>). A cova ten a particularidade da súa estrutura abovedada (caso único nas illas) e contar cun orificio artificial que ó recibir a luz do amencer produce un efecto óptico peculiar sobre as imaxes impresas na parede da cova.[8] Os debuxos de triángulos (posiblemente representacións de pubes) fan supor de que se trata dun templo dedicado á fertilidade.[9] Tamén se considera que foi usado como observatorio astronómico por aborixes.

Críticas editar

A inclusión de Risco Caído na lista dos Patrimonios da Humanidade pola UNESCO foi criticada por certos sectores, como o matemático José Barrios que considera a falta de apoio científico para consideralo realmente un observatorio astronómico aborixe ou a sobreprotección institucional deste enclave fronte a outros en Gran Canaria, como o xacemento arqueolóxico de Cuatro Puertas,[10] o tamén xeógrafo Eustaquio Villalba, puxo en dúbida a existencia dun observatorio astronómico en Risco Caído.[10] Tanto criticando tamén que un único artigo (que consideran con "pouco base científica"), escrito polo descubridor do sitio, Julio Cuenca, foi suficiente para tal declaración internacional.[11][10]

Notas editar

  1. "BOC - 2017/238. Miércoles 13 de diciembre de 2017 - Anuncio 5923". Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  2. "El yacimiento grancanario de Risco Caído, único candidato de España a Patrimonio Histórico de la Unesco". eldiario.es. 10 de marzo de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  3. "Risco Caído and the sacred mountains of Gran Canaria Cultural Landscape - UNESCO World Heritage Centre". Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  4. "Risco Caído y las Montañas Sagradas de Gran Canaria ya son Patrimonio Mundial". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  5. "Turismo de Artenara - Yacimiento Arqueológico de Risco Caído". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2018. Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  6. "Los lugares". Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  7. "Risco Caído". Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  8. "Risco Caído: el yacimiento más asombroso de Canarias". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2018. Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  9. "5 datos del misterioso y prehispánico templo canario de Risco Caído". abc. 11 de marzo de 2017. Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Los que rompen la unanimidad sobre Risco Caído
  11. Risco Caído, un ejemplo de historia manipulada