Coordenadas: 27°59′29″N 15°38′31″O / 27.99138889, -15.64194444

O Roque Bentayga é unha das formacións rochosas máis singulares da illa de Gran Canaria (Canarias, España). Áchase dentro da caldeira volcánica de Tejeda, no municipio do mesmo nome, en pleno corazón da illa.

O Roque Bentayga

Posúe uns pitóns basálticos típicos da estrutura xeolóxica de Gran Canaria. A súa altura é de 1.404 metros sobre o nivel do mar. O Roque atópase dentro do Parque Rural do Nublo.

Preto do roque atópanse os antigos asentamentos aborixes canarios de Cuevas del Rey e Roque Camelo, que constan dun centenar de covas. No lado oriental da base do roque áchase o almogarén do Bentayga, construción que debeu ser lugar de culto dos aborixes.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.