Riley (cráter)

cráter de impacto no planeta Venus

Riley é un cráter de impacto do planeta Venus, e fica exactamente nas coordenadas 14,1° N 72,5° E.[1] Ten 20 km de diámetro[1], cun pico central de 536 metros de altitude (respecto do chan do cráter) e un chan que o rodea escuro ó radar.[1][2] O chan do cráter está a unha profundidade duns 580 metros respecto das chairas que rodean ó cráter, e os cumios das cristas dos bordos do cráter están a 1.200 metros sobre o nivel do chan do cráter. Tamén se poden apreciar na imaxe da caixa de información os suaves e extensos depósitos de material que rodean ó cráter.[2]

Riley
Imaxe de radar do cráter Riley.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 20,2 km[1]
Profundidade 580 m[2]respecto das chairas do redor do cráter

1.200 m[2]respecto dos cumios da cristas do cráter

Coordenadas 14,1° N 72,5° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome en honra a botánica inglesa Margaretta Riley.[1]

Recibiu o seu nome en honra a botánica inglesa Margaretta Riley.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Riley on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 17-12-2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 NASA/JPL (ed.). "PIA00266: Venus - Oblique View of Crater Riley". PhotoJournal. Consultado o 17-12-2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar