Rider técnico
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Un rider ou rider técnico é un documento no que se presentan as necesidades técnicas dun artista/banda para realizar adecuadamente o seu espectáculo, e que a empresa promotora do acto debe poñer a súa disposición.
O rider, unha vez nas mans do promotor, permítelle seleccionar unha empresa de backline que lle poida satisfacer esas demandas dentro dun orzamento limitado. É por iso que o rider debe, ao mesmo tempo, adaptarse a as características do evento e ser coherente (un rider non é unha carta dos reis[1]).
O rider, polo tanto, debe ser o máis preciso e organizado posible, incluíndo qué material leva o propio artista, marcas e material de preferencia, micrófonos, tipo de iluminación, planta de escenario, demandas de aloxamento e cátering, etc.[2]
Como é lóxico, o rider debe ser enviado antes de confirmar evento algún, e con suficiente antelación para que as partes implicadas teñan posibilidade de comparar alternativas.
Partes dun rider
editarXeralmente, o rider divídese en varias seccións, aínda que estas poden variar en función de cada artista e situación.
Portada
editarNome da banda, data e nomenclatura que identifique que o documento tratase dun rider técnico.
Sumario
editarÍndice das seccións que compoñen o rider e o seu número de páxina para facilitar a consulta.
Staff
editar- Artistas/músicos.
- Membros del equipo técnico (técnicos de P.A. y monitores, manager, roadie, fotógrafo…).
Proba de son
editarEspecifícase o tempo necesario para a montaxe de backline e proba de son da banda.
Escenario
editarMedidas do escenario, número e medidas de tarimas, cortina de fondo, proxector, alfombra da batería, etc.
Sistema de P.A/F.O.H.
editar- Modelo e características do sistema de P.A./F.O.H. (configuración de altofalantes, nivel de SPL que se esixe…).
- Modelo e características da mesa de mesturas (analóxica ou dixital, número de canles…).
- Procesadores (Eq. Gráficos, compresores…).
- Localización do espazo dedicado ao técnico de P.A./F.O.H.
Sistema de monitores
editar- Modelo e características do sistema de monitores (configuración e tipo de monitores, número de monitores…).
- Modelo e características de mesa de mesturas (analóxica ou dixital, número de canales…).
- Procesadores (Eq. Gráficos, compresores…).
- Localización do espazo dedicado ao técnico de monitores.
Backline
editarNeste apartado especifícase o backline que trae la banda e o que debe proporcionar o promotor do evento.
O backline inclúe os instrumentos, amplificadores, micrófonos, monitores… e todo o material técnico que se vai empregar no escenario durante o evento.
Microfonía e patch
editarAdoita presentarse en forma de táboa e componse de:
- Canle (Channel): número de canles necesarios na mesa e o seu orde.
- Entrada (Imput): fonte sonora asociada a canle correspondiente.
- Micrófono (Mic.): modelo de micrófono.
- Inserto (Insert): tipo de inserto aplicado a canal correspondente (compresión, porta de ruído…).
- Efectos (FX): tipo de efecto aplicado a canle correspondente (reverb, delay...).
- Soporte (Stand): tipo de soporte de micrófono (grande, pequeno, de xirafa, de pinza…).
Envíos a monitores
editarNúmero de monitores asignados a cada membro e os niveis aproximados de envíos a monitores de cada un deles.
Planta de escenario
editarCoñecida en inglés como Stage Plot, tratase dun plano do escenario no que se presenta de forma visual a colocación no escenario dos membros, o seu backline, orientación e número de monitores, tomas de corrente, paso de cables, etc.
Iluminación
editarCaracterísticas do sistema de iluminación (tipo e número de luces, orientación, lista de canles de DMX…).
Outras necesidades
editarPreséntanse necesidades diversas, como aloxamento, características do camerino, pases de invitación, seguridade, catering, bebidas, estacionamento, transporte, etc.
Modificacións cronolóxicas do rider
editarAs negociacións dun evento poden durar meses, tempo durante o cal pode variar o modelo de rider. Por iso débese especificar a data de publicación do rider e as distintas modificacións cronolóxicas do mesmo, de modo que a empresa promotora poida asegurarse de que traballa coa versión actualizada do rider.
Información de contacto
editarInclúe información para contactar coa banda ou seu representante e co persoal técnico.
O Contra-rider
editarEn ocasións, a empresa promotora non pode satisfacer todas as peticións que o artista solicita no rider principal, pero dispón de alternativas. Neste caso, elabórase un Contra-Rider no que ó artista se lle presentan unhas alternativas de backline. Neste punto, o artista debe decidir si esas alternativas lle permiten levar adiante o seu espectáculo, ou si polo contrario debe cancelarse.
Un bo rider, polo tanto, debería ser negociable e ter certa flexibilidade.
Ao mesmo tempo, si o contra-rider é elaborado por unha empresa que coñece moi ben o espazo no que se vai a realizar o evento, pode aportar alternativas de backline máis adecuadas a ese espazo en particular.
Aínda que o rider pode elaborarse con diversas plataformas como Photoshop, Illustrator, ou incluso a man, existen diversas aplicacións dedicadas a tal cometido como:
Notas
editar- ↑ "La importancia (y el peligro) del rider técnico". Hispasonic (en castelán). Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "¿Qué es un rider? Rider técnico de músicos y artistas". Jacks on the Rocks: Alquiler (en castelán). 2016-12-04. Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "Aplicaciones para hacer un buen rider técnico - Producciones El Sótano". Producciones El Sótano - Sonido e iluminación profesional (en castelán). 2016-05-23. Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "Herramienta online para crear riders técnicos". Musicotec (en castelán). Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "StagePlot Guru For iPad | Stage Plot Application". StagePlot Guru For iPad | Stage Plot Application. Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "StagePlotPro". www.stageplot.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2017. Consultado o 2017-11-14.