Richard e Maurice McDonald

Richard James «Dick» McDonald e Maurice James «Mac» McDonald foron dous irmáns empresarios orixinarios de Manchester (Nova Hampshire, Estados Unidos) que en 1940 fundaron o restaurante McDonald's en San Bernardino, California, ideando un sistema de servizo de comida rápida.[1][2]

Biografía editar

Os irmáns McDonald comezaron no mundo dos negocios en 1937, cando abriron un local en Monrovia (California), inspirados por outro establecemente semellante de bocadillos de salchicha (hot dogs) que parecía ser o único negocio rendible da cidade, que atendía principalmente os clientes dun hipódromo. Con todo, o posto tivo pouca clientela fóra da tempada de carreiras.[3]

Maurice decidiu moverse para os arredores de San Bernardino, unha localidade de clase traballadora, cunha poboación daquelas de aproximadamente 100 000 persoas. Despois de que varios bancos se negasen a prestarlles o diñeiro necesario para esta empresa, o Bank of America finalmente decidiu aprobar o préstamo, e en 1940, con 5,000 dólares de capital, abriron un restaurante drive-in na esquina de 1398 North E Street e West 14th Street.[4]

Nacemento de McDonald's editar

En 1940 crearon a empresa McDonald's en California, co ideal dun novo negocio que renovase o concepto da comida rápida, promovendo a simplicidade e calidade dos seus alimentos, ademais dun sistema que permitise atender os clientes de maneira máis eficaz e rápida.

En 1961 cederon parte da marca a Ray Kroc, un empresario de máquinas de batidos, quen a reinaugurou en abril do mesmo ano en Illinois (Estados Unidos). Os irmáns Mcdonald acabaríanlle vendendo a empresa a Kroc por 2.7 millóns de dólares.

Falecementos editar

Maurice McDonald morreu de insuficiencia cardíaca en Riverside, California, o 11 de decembro de 1971, á idade de 69 anos. Foi enterrado no Desert Memorial Park, en Cathedral City, California.[5]

Richard McDonald morreu en Manchester, New Hampshire, o 14 de xullo de 1998, á idade de 89 anos e foi enterrado no cemiterio Mount Calvary en Manchester.[6][7][8] A súa esposa Dorothy morreu pouco despois.[9]

Na cultura popular editar

Na película de 2016 The Founder, Nick Offerman interpreta a Richard McDonald e John Carroll Lynch interpreta a Maurice McDonald.[10] Nela nárrase a historia da fundación de McDonald's e como Ray Kroc se apropiou da empresa, ofrecendo un pago de 2,7 millóns de dólares.[11]

Notas editar

  1. "Mcdonald's Self-Service System: page 1 of 7". www.highwayhost.org (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  2. Sanguino, Juan (9 de marzo de 2017). "McDonald’s: la historia de traición detrás de la carbohidratada dominación mundial". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  3. "Retro Photos of The First McDonald’s Restaurant". www.vintag.es (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  4. "World’s First McDonald Restaurant". Amusing Planet (en inglés). 6 de setembro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  5. "Maurice James “Mac” McDonald (1902-1971) - Find A...". www.findagrave.com (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  6. "Richard James McDonald (1909-1998) - Find A Grave...". Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  7. Johnson, Richard L. "Restaurant Innovator Richard McDonald Dies at 89: Pioneered McDonald's, World's Largest Restaurant System / July 1998". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2017. Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  8. Gilpin, Kenneth N. (16 de xullo de 1998). "Richard McDonald, 89, Fast-Food Revolutionary". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  9. "BBC News | Americas | Fast food supremo dies". 15 de xullo de 1998. Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  10. Eschner, Kat (16 de febreiro de 2017). "Nick Offerman’s Character in “The Founder” Is Based on This Real Historical Figure". Smithsonian (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  11. "La verdadera historia del hombre que hizo de McDonalds un imperio". La Vanguardia (en castelán). 8 de marzo de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2022.