Richard Roundtree

actor estadounidense (1942-2023)

Richard Roundtree, nado en New Rochelle, Nova York,[1] o 9 de xullo de 1942, é un actor e modelo estadounidense. Destacou como "o primeiro heroe de acción negro"[2] pola súa interpretación do detective privado John Shaft no filme de 1971 Shaft, e as súas catro secuelas, estreadas entre 1972 e 2019. Polo primeiro destes filmes, foi candidato ao Globo de Ouro á mellor nova estrela do ano en 1972.

Infotaula de personaRichard Roundtree

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1942 Editar o valor em Wikidata
New Rochelle, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 2023 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de páncreas Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSouthern Illinois University Carbondale (en) Traducir
New Rochelle High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión , xogador de fútbol americano , actor de teatro , actor de cinema , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor em Wikidata - 2023 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Southern Illinois Salukis football (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0745780 Allocine: 13113 Allmovie: p61807 TCM: 166203
Musicbrainz: f21fca08-116a-4877-8143-172a4d06403e Discogs: 1267473 WikiTree: Roundtree-629 Find a Grave: 260934908 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Roundtree naceu en 1942, fillo de John e Kathryn Roundtree. Asistiu ao New Rochelle High School, graduándose en 1961.[3] Durante os anos do instituto, xogou con éxito no equipo de fútbol americano da escola. Posteriormente, Roundtree estudou na Southern Illinois University en Carbondale, Illinois.[4] Roundtree deixou a facultade en 1963 para iniciar a súa carreira.[3]

Roundtree comezou a súa carreira profesional como modelo na Ebony Fashion Fair tras ser descuberto por Eunice W. Johnson.[3] Despois do éxito na feira, pasou a traballar de modelo de produtos como a brillantina Duke[5] e os cigarros Salem.[6] en 1967, Roundtree uniuse ao Negro Ensemble Company. O seu primeiro papel na compañía foi interpretar o lendario boxeador Jack Johnson na produción de The Great White Hope.[3] Roundtree destacou como protagonista de filmes blaxploitation na década de 1970, especialmente polo detective John Shaft no filme de acción Shaft (1971) e as súas secuelas. Tamén apareceu con Laurence Olivier e Ben Gazzara en Inchon (1981). Na televisión, interpretou o escravo Sam Bennett na serie de 1977 Roots e ao Dr. Daniel Reubens en Generations entre 1989 e 1991. Aínda que Roundtree continuou a traballar na década de 1990, moitos dos seus filmes non foron ben recibidos; porén, logrou éxito no teatro.[7][8]

Non obstante, durante ese período, reapareceu na pequena pantalla como icona cultural. O 19 de setembro de 1991 apareceu nun episodio de Beverly Hills, 90210 con Vivica A. Fox e en 2000 volveu interpretar a John Shaft en Shaft, con Samuel L. Jackson como protagonista.

En 2019, Roundtree coprotagonizou a comedia What Men Want, e volveu ao papel de John Shaft en Shaft, secuela do filme de 2000, con Samuel L. Jackson e Jessie Usher, que interpretan a John Shaft II e John Shaft III, respectivamente. Esta vez, a personaxe de Roundtree foi descrita como o pai da personaxe de Jackson, mentres que supostamente era o seu tío no filme de 2000.

Vida persoal editar

Roundtree casou en dúas ocasións. O seu primeiro matrimonio foi con Mary Jane Grant, coa que casou o 27 de novembro de 1963. Roundtree e Grant tiveron dous fillos antes de divorciarse en decembro de 1973. Casou con Karen M. Ciernia en setembro de 1980;[1] xuntos tiveron tres fillos. Roundtree e Ciernia divorciáronse en 1998.

Roundtree foi diagnosticado con cancro de mama masculino en 1993 e foi sometido a unha dupla mastectomía e quimioterapia.[1][9]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1971 Shaft John Shaft
1972 Embassy Richard "Dick" Shannon
Shaft's Big Score! John Shaft
1973 Charley-One-Eye The Black Man
Shaft in Africa John Shaft
1974 Earthquake Miles
1975 Man Friday Friday
Diamonds Archie
1979 Escape to Athena Nat Judson
Portrait of a Hitman Coco Morrell
Games for Vultures Gideon Marunga
Days of the Assassin Fessler
1980 Gypsy Angles Dr. Carlson
1981 Inchon Sergeant Augustus Henderson
An Eye for an Eye Captain Stevens
1982 Q Powell
One Down, Two to go Ralph
1983 Young Warriors Sergeant John Austin
The Big Score Gordon
1984 Killpoint Agent Bill Bryant
City Heat Dehl Swift
1986 Opposing Force Stafford
Jocks Chip Williams
1988 Maniac Cop Commissioner Pike
Party Line Captain Barnes
Angel III: The Final Chapter Lieutenant Doniger
1989 Miami Cops Gambie
Getting Even Dundee
Night Visitors Captain Crane
Crack House Lieutenant Johnson
The Banker Lloyd
1990 Bad Jim July
1991 A Time to Die Captain Ralph Phipps
1992 Bloodfist III: Forced to Fight Samuel Stark
1993 Body of Influence Harry Reams Directo a vídeo
Sins of the Night Les
Deadly Rivals Agent Peterson
Amityville: A New Generation Pauli Directo a vídeo
Mind Twister Frank Webb
1995 Ballistic Harold
Se7en Talbot
Once Upon a Time... When We Were Colored Cleve
Theodore Rex Commissioner Lynch
1996 Original Gangstas Slick
1997 George of the Jungle Kwame
Steel Uncle Joe
2000 Shaft Uncle John Shaft
2001 Antitrust Lyle Barton
Shoot! Curtametraxe
Hawaiian Gardens M.O.
Corky Romano Howard Shuster
2002 Capone's Boys Boom-Boom Tamén coñecido como Al's Lads
Boat Trip Felicia's Dad
2003 Men Cry in the Dark Directo a DVD
2004 Short Fuse: A Collection of Explosive Shorts Directo a DVD
Max Havoc: Curse of the Dragon Tahsi
2005 Brick Assistant V.P. Trueman
2006 Wild Seven Lee Marvin - Cleetus Woods
2007 All the Days Before Tomorrow El Doctor
Vegas Vampires Rick Apping
2008 Speed Racer Ben Burns
2009 Set Apart J.T.
2010 The Confidant Claude
Veil Michael Draden Curtametraxe
2011 Go Beyond the Lens Guess Curtametraxe
2012 The Trial of Ben Barry Ben Barry Curtametraxe
This Bitter Earth Grady
2014 Whatever She Wants Theodore Wolf Directo a DVD
2015 Collar Reverend Alonzo Sparks
2016 Retreat! Henshaw
2018 Duke J.T.
2019 What Men Want Skip
Shaft John Shaft I
2020 Haunting of the Mary Celeste Tulls

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 NNDB - Richard Roundtree
  2. Tweedle, Sam, "I'm Just Talkin' About Shaft (And We Can Dig It)," Confessions of a Pop Culture Addict, Internet website [1] Arquivado 27 de outubro de 2020 en Wayback Machine., consultado o 20 de agosto de 2014.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Richard Roundtree". HistoryMakers. 3 de xaneiro de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2019. 
  4. "Richard Roundtree Biography". Yahoo! Movies. AEC One Stop Group, Inc. Baseline. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2010. Consultado o 30 de abril de 2014. 
  5. EBONY Magazine - maio de 1968
  6. EBONY Magazine - abril de 1970
  7. Sewall, Rhonda B., "Actor, icon, survivor: Richard Roundtree appears in 'Men Cry in the DarkModelo:'", The Toledo Blade, 7 de outubro de 2005.
  8. Ames, Denise, "One on One with Richard Rountree", The Toluca Lake Times and Canyon Crier (CA), 6 de marzo de 2014.
  9. Evans-Biermann, Rachel (18 de setembro de 2001). "Richard Roundtree 'Knows the Score' on cancer". Usatoday.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2001. Consultado o 30 de abril de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar