Ricardo Sánchez Varela

sacerdote e escritor galego

Ricardo Sánchez Varela, nado en Roade (Sobrado) en 1875 e finado en Pontedeume o 9 de maio de 1964 foi un sacerdote galego.

Infotaula de personaRicardo Sánchez Varela
Biografía
Nacemento1875 Editar o valor em Wikidata
Roade, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de maio de 1964 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Avenida de Ricardo Sánchez

Fillo dunha familia acomodada, propietaria da meirande parte da parroquia de Furelos en Melide, estudou leis en Santiago de Compostela aínda que nunca exerceu a avogacía. A súa vocación levouno a ordenarse sacerdote pouco tempo despois, chegando a ser arcipreste de Melide.

Ao se xubilar en 1945, instálase no Asilo de Anciáns de Pontedeume. Contribuíu coa súa herdanza familiar á mellora das instalacións do asilo e á construción da Casa de Exercicios de Pontedeume, inaugurada en 1954. A súa fortuna serviu tamén para moitas obras parroquiais e legouna á súa morte ás monxas do asilo. Os seus restos mortais foron soterrados no cemiterio de Pontedeume.

Por acordo de 6 de febreiro de 1957, a corporación municipal púxolle o seu nome ao comezo da estrada de Esteiro, colocándose a placa o 18 de xullo de 1958.

Obras editar

  • Eva y María. Fenómenos diabólicos y milagros que demuestran el cumplimiento de la promesa hecha en el Paraíso, 1925.
  • La primera profecía. Lecturas histórico-apologéticas, 1948.
  • La promesa del Señor en el paraiso, 1949.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar