Ricardo Núñez Rodríguez

médico galego

Ricardo Nuñez Rodríguez, nado en Pereiro (San Fiz de Vilapedre, Sarria) o 31 de xullo de 1862[1] e finado na súa aldea natal o 16 de xuño de 1958, foi un médico galego.

Infotaula de personaRicardo Núñez Rodríguez
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1862 Editar o valor em Wikidata
San Fiz de Vilapedre, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xuño de 1958 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
San Fiz de Vilapedre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Ricardo Núñez Rodríguez dando un mitin na Veiga, Sarria.

Traxectoria editar

Fillo dunha familia de labregos. Fixo as primeiras letras na vella escola pública de Sarria. Cursou o Bacharelato no instituto de Lugo, que rematou en 1882. Publicou diversas charadas no periódico El Buscapié en 1881.[2] Despois de rematar o bacharelato, mentres se preparaba para ingresar na Universidade e ao tempo que cumpría coas súas obrigas militares, fíxose cargo do ensino de 150 nenos xunto co cura da súa parroquia.

Estudou na Facultade de Medicina de Madrid, rematando a carreira en 1892. Regresou á súa aldea logo dun período de exercicio profesional como médico en Madrid (no Centro Gallego e no concello) e colaborar na loita contra unha epidemia de cólera en Estremadura.

Estableceuse como médico e construíu un pequeno manicomio privado que recibiu enfermos entre 1910 e 1950, coñecido popularmente como o Manicomio de Vilapedre.

Actuou como mecenas fundando escolas na comarca. A hixiene e a prevención foron as súas grandes teimas, en 1898 participou no IX Congreso Internacional de Demografía e Hixiene co traballo "El Servicio Médico-Higiénico en las Escuelas Primarias". Volveu presentar un relatorio no Congreso Pedagóxico de Lugo de 1923 sobre a Hixiene Mental Infantil, "Paidología", que despois incluíu no seu libro La visión de Higia.

Colaborou en El Siglo Médico, Heraldo de Madrid, Higiene Popular, Ciencia Moderna, Dominical Sarriano e La Voz de Sarria sobre temas médicos e paramédicos. En 1928 publicou unha obra de vulgarización científica titulada ¿Alucinaciones? que foi adaptada para a escena en dous actos por Amaro González, e representouse por primeira vez na Sociedad Cultural de la Puebla de San Julián o 19 de abril de 1928. En 1929 participou co traballo "Por la médula, por el esófago y por las amígdalas" nas Primeras Jornadas Médicas Gallegas celebradas na Coruña.

Na ditadura de Primo de Rivera mantivo un inxenuo colaboracionismo inicial e foi nomeado vocal do comité municipal da Unión Patriótica en 1924, na súa condición de deputado provincial. En 1929, como presidente de Unión Patriótica, tomou a palabra nun acto político multitudinario celebrado no cruzamento da estación, no que avogou pola supresión do Senado.

Desencantado dos modos da Ditadura, aparece como segundo asinante nun manifesto do partido local Acción Ciudadana no período prerrepublicano e figura co número 82 no libro de rexistro do comité local da ORGA, na que causou alta en 1933.

Obras editar

  • ¿Alucinaciones?, 1928.
  • La visión de Higia. Esparcimientos de higiene mental y social en Galicia, 1933.

Notas editar

  1. Outras fontes sinalan como ano de nacemento 1866.
  2. "Un adiantado ao seu tempo. Ricardo Núñez Rodríguez", en La Voz de Galicia, 4-12-2005, p. L%.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar