La Voz de Sarria
La Voz de Sarria foi un periódico editado en Sarria entre 1931 e 1932.
La Voz de Sarria | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Sarria |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 20 de setembro de 1931. Publicábase os días 6 e 20 de cada mes (coincidindo cos días de feira en Sarria). Dirixido por Antonio Páramo Sánchez o administrador era José Fernández Márquez. Na cabeceira levaba unha cita que facía referencia a Sócrates: Dios me puso sobre vuestro pueblo, como el tábano sobre el lomo del caballo, para tenerlo siempre despierto. Pro republicano, declarábase independente "frente a diversos grupos republicanos y socialistas que gobiernan", liberal e defensor dos intereses comarcais de Sarria. A súa liña editorial xeroulle problemas cos freires do convento dos mercedarios de Sarria. Dedicaba a maior parte do espazo a temas locais, tiña unha sección titulada "Denuncias y protesta" e incluía relatos e poemas. Deixou de editarse ao pouco tempo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abejón Mendoza, Paloma (2011). "La prensa lucense ante el Estatuto de Autonomía de 1936". Correspondencias & Análisis (en castelán) (1): 327–346. ISSN 2224-235X. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2021.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 386–389. ISBN 84-8192-110-6.