Ricardo Lorenzo Seoane
carpinteiro galego
Ricardo Lorenzo Seoane, nado en Santiago de Compostela cara a 1908, foi un carpinteiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1908 Santiago de Compostela, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro, político |
Traxectoria
editarCarpinteiro en Conxo. En febreiro de 1934 foi detido por intentar entrar no Café Suízo de Compostela, onde se celebraba un baile.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión na causa 361/36 con Luis Villaverde Lapido, Rogelio Riveiro Aboy, Vicente Fuentes, Manuel Hermida Pintor, Salvador Dopazo Lapido, José Montes e 15 máis, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Volveu ser xulgado por rebelión militar na Coruña en febreiro de 1938.[2] Abríronlle expediente de responsabiliadades políticas en xullo de 1938.[3]