Ricardo García Martínez

futbolista español

Ricardo García Martínez, coñecido como Cuca, nado en Sama (Langreu) o 23 de decembro de 1914 e finado o 10 de xullo de 1971, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Modelo:BiografíaRicardo García Martínez
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Langreu, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xullo de 1971 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1935–1940   Racing de Santander 34(12)
1941–1943   Deportivo da Coruña 44(4)
1943–1944   Real Madrid CF 8(1)
1945–1947   Sporting de Gijón 13(2)
1949–1950   Real Oviedo 1(0)

BNE: XX1369130

Traxectoria

editar

Na tempada 1935–36 xogou co Racing de Santander en Primeira División, club co que descendeu a Segunda División na campaña 1939–40, pasada a Guerra Civil. Durante a súa estadía no club cántabro participou en 34 encontros e anotou 12 goles.

Na tempada 1941–42 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde xogou dúas tempadas na máxima categoría participando en 44 partidos e anotando 4 goles. Así, na tempada 1943–44, fichou polo Real Madrid CF, club no que estivo tan só unha campaña e onde xogou 8 partidos e anotou un gol.

Na tempada 1945–46 fichou polo Sporting de Gijón, onde xogou dúas campañas. Na tempada 1949–50 foi xogador do Real Oviedo, descendendo ao final da campaña á Segunda División.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar