A Ribeira é un dos lugares máis antigos e típicos da cidade de Porto, en Portugal. Atópase na freguesía de São Nicolau, á beira do río Douro, e forma parte do Centro Histórico do Porto, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É, actualmente, unha zona moi adoita polos turistas e lugar de concentración de bares e restaurantes.

A Ribeira vista dende Vila Nova de Gaia.

Na Ribeira salientan a Praça da Ribeira, popularmente coñecida como praça do cubo; a Rúa da Fonte Taurina, unha das máis antigas da cidade; o Muro dos Bacalhoeiros e a Casa do Infante, onde se cre que naceu o Infante D. Henrique en 1394. Foi nesta zona do Porto onde viviu unha das figuras máis senlleiras da cidade, o chamado Duque da Ribeira, coñecido por ter salvo a varias persoas de morrer afogadas.

Galería de fotos editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar