Rhinopithecus strykeri

Rhinopithecus strykeri é unha especie de primates catarrinos da familia dos cercopitécidos orixinaria do norte de Birmania e a zona adxacente de China. A especie foi descuberta en 2010 e estudada polo equipo dixido por Geissmann.[1] [2] O nome da especie foi escollido en homenaxe ao filántropo Jon Stryker. Estímase que a poboación coñecida está formada por 260-330 individuos.

Rhinopithecus strykeri
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Cercopitécidos
Xénero: Rhinopithecus
Especie: R.strykeri
Mapa de localización das poboacions de Rhinopithecus strykeri
Mapa de localización das poboacions de Rhinopithecus strykeri

Mapa de localización das poboacions de Rhinopithecus strykeri

Aínda que as primeiras análises centráronse nun cranio, en 2012 chegaron a rexistrarse imaxes dalgúns individuos.[3]

A choiva supostamente fai que esbirre debido á curta pel arredor do seu fociño empinado. A xente da zona informa de que se senta coa cabeza dirixida cara a abaixo, agochando a cara entre os xeonllos cando chove, seguramente para protexer o nariz da entrada de auga.[4]

Aínda que a especie é nova para a ciencia, non o é para os cazadores da zona, que lle chaman "nwoah mey" ou "mono coa cara volta cara arriba", en dialecto local. Este mono está ameazado pola desaparición do seu hábitat natural e pola caza.[2]

  1. "Wiley: New Snub-Nosed Monkey Discovered in Northern Myanmar". www.wiley.com (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Myanmar snub-nosed monkey facing extinction". South China Morning Post (en inglés). 29 de marzo de 2014. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  3. "First images of newly discovered primate". Fauna & Flora International (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2019. 
  4. Geissmann, T.; Lwin. G.; Aung. S.; Naing Aung, T.; Aung, Z.M.; Hla, T.; Grindley, M.; Momberg, F. (2010). "A new species of Snub-nosed monkey, Genus Rhinopithecus Milne-Edwards, 1872 (Primates, Colobianae), From Northern Kachin State, Northeastern Myanmar". American Journal of Primatology. doi:10.1002/ajp.20894. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.