Rhinopithecus bieti

especie ameazada de primate

O Rhinopithecus bieti é unha especie de primate catarrino da familia dos cercopitécidos.[2] É endémico da China, onde se lle coñece polos aldeáns como mono de pelo dourado de Yunnan ou mono negro de pelo dourado. Está ameazada pola perda do seu hábitat.

Rhinopithecus bieti
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Familia: Cercopithecidae
Subfamilia: Colobinae
Xénero: Rhinopithecus
Especie: R. bieti
Nome binomial
Rhinophitecus bieti
(Milne-Edwars, 1897)
Distribución da especie
Distribución da especie

Distribución da especie

Catacterísticas editar

É un primate de gran tamaño, robusto e con abondoso pelo que pertence á subfamilia Colobinae. Malia o seu carácter distintivo morfolóxico e a súa bioloxía, cómpre salientar que esta é unha das menos coñecidas especies de primates. Porén, nos últimos anos o coñecemento sobre o comportamento e a ecoloxía do langur negro de nariz chata creceu. A falta de información é principalmente o resultado das condicións de investigación difícil, debido ó estilo a súa vida seminómade, a natureza elusiva e o hábitat inhóspito, con ladeiras moi empinadas, impenetrables matogueiras de bambú, o clima frío invernal con neve, así como veráns húmidos e con néboa, con visibilidade mínima.

Distribución editar

Esta especie ten unha distribución moi restrinxida no punto quente de biodiversidade das montañas Hengduan que limita coa cordilleira do Himalaia. A súa área de distribución actual está limitada á cordilleira Yun, parte das montañas Hengduan. Só 17 grupos cunha poboación total de menos de 1.700 animais sobreviviron no noroeste de Yunnan e as rexións veciñas na Prefectura Autónoma do Tíbet. O tamaño do grupo é pequeno, polo xeral só de 20 a 60, os grupos de máis de 100 nunca foron observados. O territorio de cada grupo varía de 20 a 135 km².

Notas editar

  1. Bleisch, W. & Richardson, M. (2008). "Rhinopithecus bieti". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 4 de xaneiro de 2009. 
  2. Groves, Colin (2005). «Rhinopithecus bieti» Arquivado 29 de setembro de 2012 en Wayback Machine.. En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press. p. 173. ISBN 0-8018-8221-4