Rexións de Ghana
As rexións de Ghana constitúen o primeiro nivel de administración subnacional de goberno dentro da República de Ghana. Desde o 2020, hai dezaseis rexións,[1] as cales son subdivididas para propósitos administrativos en 260 distritos.
Rexións actuais
editarOs límites das anteriores dez rexións foran oficialmente estabelecidos en 1987, cando a Rexión de Upper West foi inaugurada como a rexión administrativa máis nova do estado. A pesar de que a inauguración oficial foi en 1987, a Rexión de Upper West xa funcionaba como unha unidade administrativa desde a partición da Rexión Upper en decembro de 1982, antes do censo nacional de 1984.[2] O referendo para a creación de seis rexións novas foi celebrado o 7 de decembro de 2018, sendo aprobadas todas as rexións propostas.[3]
Configuracións rexionais anteriores
editarIndependencia - 9 de marzo de 1957
editarTras a independencia en marzo de 1957, os Territorios do Norte, a Togolandia Británica e a Costa do Ouro uníronse para formar Ghana. Existían inicialmente cinco rexións. Togolandia uniuse con parte da Rexión Oriental e os Territorios do Norte da Costa do Ouro para formar a Rexión do Volta.[5][6]
Rexión anterior | Capital | Rexión nova | Capital |
---|---|---|---|
Protectorado Ashanti | Kumasi | Rexión Ashanti | Kumasi |
Provincia Oriental | Koforidua | Rexión Oriental | Koforidua |
(Keta) | Rexión do Volta | Ho | |
Togolandia | Ho | ||
Territorios do Norte | (Saboba) | ||
Tamale | Rexión do Norte | Tamale | |
Provincia Occidental | Sekondi | Rexión Occidental | Sekondi |
Postindependencia e Primeira República
editarO 4 de abril de 1959, a Rexión de Ashanti dividiuse oficialmente nas rexións de Ashanti e Brong-Ahafo, tras a Acta 18 de 1959 da Rexión de Brong Ahafo.[7] Isto foi debido ao movemento Brong Kyempem que preseguía o recoñecemento dos bonos como grupo étnico diferenciado dos ashantis coa súa rexión propia.[5]
Cando Ghana se tornou en república, o 1 de xullo de 1960, a Rexión do Norte foi dividida nas rexións Norte e Superior (Upper), quedando o número de rexións en sete.[5][7]
Rexión anterior | Capital | Rexión nova | Capital |
---|---|---|---|
Ashanti | Kumasi | Ashanti | Kumasi |
Rexión Brong-Ahafo | Sunyani | ||
Rexión Oriental | Koforidua | Rexión Oriental | Koforidua |
Rexión do Norte | Tamale | Rexión do Norte | Tamale |
Rexión Superior | Bolgatanga | ||
Rexión do Volta | Ho | Rexión do Volta | Ho |
Rexión Occidental | Sekondi | Rexión Occidental | Sekondi |
Segunda República
editarDurante a segunda república, a Rexión Occidental foi partida nas rexións Occidental e Central, facendo oito rexións en total. Isto foi feito para o censo de poboación de 1970. En 1971, Sekondi e Takoradi uníronse para formar Sekondi-Takoradi, a nova capital da Rexión Occidental.[5][6]
Era do Consello Provisional
editarO Consello Provisional de Defensa Nacional, que foi o goberno militar que gobernou o país entre o 31 de decembro de 1981 e xaneiro de 1993, promulgou a lei do Grande Accra o de 23 de xullo de 1982, que creou a Rexión do Grande Accra. Isto fixo do Distrito Capital de Accra, onde se atopaba a capital nacional, e do concello de Ada, ambos ambos parte da Rexión Oriental, na nova Rexión de Grande Accra. No ano seguinte 1983, a Rexión Superior foi dividida na Rexión Superior Leste e na Rexión Superior Oeste, ficando o número total de rexións en dez.[6][7]
Notas
editar- ↑ "Ghana Now Has 16 Regions" (en inglés). Modern Ghana. Consultado o 17 de decembro de 2020.
- ↑ David Owusu-Ansah. Historical Dictionary of Ghana (4 ed.). Rowman & Littlefield. p. xii.
- ↑ Zurek, Kweku. "CONFIRMED: Results of the 2018 Referendum on new regions". Graphic Online (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2020.
- ↑ "Sefwi Wiaso is capital of Western North region". www.myjoyonline.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Vinorkor, Mark-Anthony (5 de marzo 2020). "Evolution of the regions: from 5 to 16". Graphic Online. Graphic Communications Group Ltd. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Regions of Ghana". statoids.com. Gwillim Law and Shirley Law. 2018. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "A short history of the creation of regions in Ghana". ghanaweb.com. GhanaWeb. 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2020.