Rexión dos Sudetes

A Rexión dos Sudetes foi un territorio, actualmente na República Checa, habitado maioritariamente por poboación de lingua e cultura alemá. Tiña unha superficie 28.943 km² e ocupaba parte dos territorios de Bohemia, Moravia e Silesia que facían fronteira con outros estados, e a pesar do seu nome só unha parte estaba situada propiamente na rexión xeográfica dos Sudetes. Coa independencia de Checoslovaquia en 1918 a rexión adquiriu entidade diferenciada, primeiro como provincia (que abranguía só unha parte da rexión dos Sudetes) e coa ocupación nazi como rexión de Alemaña. Tras a derrota da Alemaña nazi o territorio foille devolto a Checoslovaquia e a maior parte da poboación de etnia alemá deixou o territorio, hoxe o territorio carece de especificade propia.

Modelo:Xeografía políticaRexión dos Sudetes
Imaxe

Nomeado en referencia aMontanhas dos Gigantes (pt) Traducir e Jeseníky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 50°44′10″N 15°44′24″L / 50.7361, 15.74Coordenadas: 50°44′10″N 15°44′24″L / 50.7361, 15.74
Xeografía
Superficie49.739 km² Editar o valor em Wikidata
Medición50 (ancho) × 300 (lonxitude) km
Punto máis altoSněžka (pt) Traducir (1.603,3 m) Editar o valor em Wikidata

Vista desde o refuxio de Zygmuntówka, Góry Sowie
Bosque destruído en Wielka Sowa