Restande, Trazo
Coordenadas: 43°2′41.39″N 08°34′55.79″O / 43.0448306, -8.5821639
Santa María de Restande é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 295 habitantes (151 mulleres e 144 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 389 habitantes.
Restande | |
---|---|
Concello | Trazo[1] |
Provincia | A Coruña |
Área | 7,51 km² |
Poboación | 295 hab. (2013) |
Densidade | 39,28 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio histórico-artísticoEditar
Nesta parroquia atópase o pazo de Vilacova, preto da igrexa parroquial. Unha longa balconada apoiada en poderosas ménsulas e protexida con balaustrada de pedra percorre gran parte da fachada do pazo. Baixo ela ábrense cinco arcos de medio punto que dan acceso a un amplo soportal. A orixe deste pazo está relacionado cos Bermúdez de Montaos, que fundaron o vínculo de Vilacova en 1556. O edificio actual débese a unha reconstrución do século XVII. Está habitado e en bo estado.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de RestandeEditar
Lugares da parroquia de Restande no concello de Trazo (A Coruña) | |
---|---|
Casal do Mato | O Castro | A Irexe | Pereiras | O Rego Salgueiro | Restande de Abaixo | Os Roxais | Tarrío | Vilacova |