República Popular de Serbia

República Popular de Serbia (en serbio Народна република Србија ou Narodna Republika Srbija) foi a denominación oficial de Serbia entre 1946 e 1963 cando pertencía á República Federal Popular de Iugoslavia.

Situación da República Popular de Serbia na República Federal Popular de Iugoslavia.

Desde 1943, no curso da Segunda Guerra Mundial, e até 1946, entre o bando dos partisanos xa se consideraba esta república, que coexistía co aínda vixente Reino de Iugoslavia.

En 1963, tras un cambio constituciuonal en Iugoslavia, convértese na República Socialista de Serbia, dentro da República Federal Socialista de Iugoslavia.

Véxase taménEditar