Renovação (Lisboa)
Renovação , de nome completo Renovação : revista quinzenal de artes, literatura e atualidades foi unha publicación periódica editada pola Sección Editorial de “A Batalha” (jornal diário operário), con Alexandre Assis como redactor e Gonçalves Vidal como director. Publicouse entre xullo de 1925 e xuño de 1926, facendo un total de 24 números, publicados quincenalmente. O seu programa serviu de propaganda para o movemento anarcosindical, mediante a organización grupal e a escrita aberta de militantes e simpatizantes da causa libertaria, co obxectivo de renovar a sociedade portuguesa mediante a difusión cultural. Como eles mesmos referiron “desvelar novos horizontes para o pensamento. Trae a arte á comunidade de todos. Non fagas das ideas privilexio de tantos”. A revista conta cunha ampla lista de colaboradores: Adelaide Cabete, Adriano Botelho, Adolfo Lima, Alexandre Vieira, Armando Figueiredo de Lucena, Artur Portela, Assis Esperança, Bernardo Marques, Clementina Carneiro de Moura, César Porto, Costa Júnior, Emílio Martins Costa, José Régio, Ferreira de Castro, Jaime Brasil, José Carlos Rates, Mário Domingues, Julião Quintinha, Manuel Joaquim de Sousa, Mário Castelhano, Neno Vasco, Nogueira de Brito, Pinto Quartim, Roberto Nobre, Rocha Martins, José Santos Arranha, Stuart Carvalhais, Tomás da Fonseca e Vitorino Nemésio.[1]
Renovação | |
---|---|
![]() Portada do 2 de xullo de 1925 | |
Tipo | Revista |
Fundación | 1925 |
Remata | 1926 |
Tendencia | Anarcosindicalismo |
Lingua | lingua portuguesa |
Ámbito | Portugal |
Periodicidade | quincenal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Notas
- ↑ Jorge Mangorrinha (1 de Março de 2016). "Ficha histórica:Renovação : revista quinzenal de artes, litertura e atualidades (1925-1926)" (pdf). Consultado o 18 de maio de 2018.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Ligazóns externas
editar- Colección completa Renovação no portal de Revistas de Ideias e Cultura
- Renovação : revista quincenal de artes, literatura e atualidades (1925-1926) copia dixital, Hemeroteca Digital