Relación sinal/ruído

(Redirección desde «Relación sinal-ruído»)

Relación sinal/ruído ou relación sinal-ruído (abreviado SNR ou S/N, do inglés Signal-to-noise ratio) é unha medida utilizada en ciencia e enxeñaría que compara o nivel dun sinal desexado co nivel do ruído.

É definido como a proporción entre a potencia do sinal e a potencia do ruído. Como tal non ten unidades, aínda que habitualmente se expresa en unidades logarítmicas, en decibelios (dB).

Unha relación sinal/ruído maior que 1 (ou maior que 0 dB) indica que hai máis potencia de sinal que de ruído.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.