Reino de Serbia (1718-1739)
O Reino de Serbia (1718-1739) foi unha provincia da monarquía dos Habsburgo desde 1718 até 1739. Estaba formada polos territorios situados ao sur dos ríos Sava e Danubio, conquistados polos Habsburgo ao Imperio Otomán en 1718, pero que foron devoltos á administración otomá en 1739.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Datos históricos | ||||
Creación | 21 de xullo de 1718 | |||
Disolución | 18 de setembro de 1739 | |||
Historia
editarEn 1718, a monarquía dos Habsburgo conquistou ao Imperio Otomán algunhas partes da actual Serbia, incluíndo o Banato, Sirmia suroriental e o norte da Serbia Central.
En parte deste territorio, ao sur dos ríos Sava e Danubio, o emperador Carlos VI formou unha provincia denominada Reino de Serbia. Carlos VI utilizou o título de rey de Serbia, mentres que o administrador da provincia era un gobernador.
Algúns dos territorios que forman parte da actual Serbia oriental, e que tamén foron conquistados polos Habsburgo en 1718, non se incluíron neste reino, senón que pasaron a ser parte do Banato de Timişoara.
Despois dunha nova guerra entre os Habsburgo e os otománs, en 1739, a monarquía Habsburgo perdeu todos os territorios ao sur dos ríos Sava e Danubio, incluíndo todo o territorio do Reino de Serbia. O Banato e Sirmia, no norte da actual Serbia, quedaron en poder dos Habsburgo até 1918.
O territorio da actual Serbia Central foi incluído no Imperio dos Habsburgo noutras dúas ocasións:
- Previamente, entre 1689 e 1692
- Durante a Rebelión da Kočina Krajina (1788-1791).
Administradores
editar- Xeneral Odijer, administrador temporal (1718-1720)
- Alexandre de Württemberg, gobernador (1720-1733)
Consecuencias
editarAínda que a administración dos Habsburgo sobre esta parte da actual Serbia foi de curta duración, a conciencia dunha entidade política independente perdurou, e así os habitantes da zona nunca volveron a aceptar a administración otomá, o que conduciu á Rebelión da Kočina Krajina, en 1788, e á primeira revolta serbia, de 1804 a 1813, coa que terminou o dominio directo dos otománs sobre esta parte de Serbia.
Algunhas partes da Serbia actual ao sur dos ríos Sava e Danubio aínda foron temporalmente controladas pola monarquía dos Habsburgo entre 1789 e 1791, despois da rebelión da Kočina Krajina.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Istorijski atlas, Zavod za udžbenike i nastavna sredstva - Zavod za kartografiju "Geokarta", Beograd, 1999.
- Školski istorijski atlas, Zavod za izdavanje udžbenika Socijalističke Republike Srbije, Beograd, 1970.
- Denis Šehić - Demir Šehić, Istorijski atlas Sveta, Beograd, 2007.
- The Times History of Europe, Times Books, Londres, 2002.
- Olga Zirojević, Srbija pod turskom vlašću 1459-1804, Beograd, 2007.
- Vladimir Ćorović, Ilustrovana istorija Srba, knjiga četvrta, Beograd, 2006.