Reiden Patera é un accidente xeolóxico volcánico da superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Foi visto por primeira (de preto) vez pola sonda Galileo mentres daba a primeira órbita ó redor de Xúpiter, e inicialmente detectou un punto quente. Pénsase que a súa actividade parou ou languideceu por debaixo da capacidade de detección do instrumental da sonda Galileo (SSI e NIMS).[2] Aínda que dende o ano 2002 téñense novas de que Reiden Patera tornouse moito máis escuro a partir da 24ª órbita de Galileo. Ten tamén cuspido depósitos piroclásticos dun brillante vermello.[3] Ten aproximadamente 70 kms de diámetro e está situado a 13,4° S 235,45° O. O nome de Reiden provén da mitoloxía xaponesa, onde Reiden era o espírito do trono, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.[1][4] Asha Patera pode ser atopado cara ao leste e Kami-Nari Patera cara ao norte.[5]

Reiden
Reiden Patera, nunha captura de pantalla do programa NASA World Wind.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 73,26 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 13,4° S 235,45° O[1]
Procedencia do nome Espírito xaponés do trono.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Reiden Patera on Io". Consultado o 04-08-2010. 
  2. es.ucsc.edu (ed.). "Lopes-Gautier_IoVolc_Icarus99.pdf" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30-07-2010. Consultado o 18-10-2007. 
  3. lpi.usra.edu (ed.). "1954.pdf" (PDF). Consultado o 18-10-2007. 
  4. lnfm1.sai.msu.su (ed.). "IO NOMENCLATURE". Consultado o 19-10-2007. 
  5. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar