Rei Amador

líder da revolta dos angolares

O rei Amador foi rei dos angolares e líder da revolta de escravos que tivo lugar en 1595 nas illas africanas de San Tomé e Príncipe. Segundo algúns documentos históricos Amador era un escravo que fuxiu e mobilizou a todos os angolares, que xunto con outros africanos, crearon unha nación libre no medio das illas.

Rei Amador
Sao Tome King Amador Statue (15626534084).jpg
Nacemento1550
Falecemento1596
Ocupaciónmonarca
editar datos en Wikidata ]

Historia da orixe dos angolaresEditar

Hai diferentes versións sobre a orixe dos angolares, que habitan o sur da illa de San Tomé. A máis difundida entre os angolares é que eran escravos africanos traídos probablemente de Angola, e que sobreviviron a un naufraxio a poucos quilómetros da costa. Unha segunda versión sostén que eran escravos que se liberaron dos seus donos sobre 1470, cando os portugueses descubriron as illas, e que crearon unha nación libre chamada Quilombo ou Kilombo. Outra versión é a de que os angolares eran africanos do continente, que migraron cara ás illas moito antes da chegada dos portugueses.[1]

A revolta dos escravosEditar

O 9 de xullo de 1595, Amador e o seu pobo, os angolares, aliados con outros escravos africanos das plantacións, internáronse no bosque e loitaron contra os portugueses.[2] Dise que ese día, Amador e os seus seguidores, izaron unha bandeira fronte aos colonos e proclamaron o rei Amador como rei de San Tomé e Príncipe, facéndoo el mesmo como "Rei Amador, liberador de todos os negros".

Entre 1595 e 1596, a illa de San Tomé foi dirixida polos angolares, baixo o mando do rei Amador. O 4 de xaneiro de 1596 foi capturado e enviado a prisión, e máis tarde executado polos portugueses.

LegadoEditar

Hoxe en día o rei Amador é recordado e considerado un heroe nacional nas illas. Dende o ano 2005, o 4 de xaneiro é festa nacional como homenaxe a Amador.

Unha imaxe súa está representada nos billetes do país. Trátase dunha creación do artista Pinásio Pina, pois non existen retratos reais de Amador.[3]

En 2004, durante o Ano internacional de Conmemoración da Loita contra a Escravitude e a súa Abolición, o secretario xeral da Organización das Nacións Unidas, Kofi Annan, inaugurou unha estatua do rei Amador en San Tomé e Príncipe.

Un dos principais equipos de fútbol do país leva o Rei Amador no nome, a Unión Deportiva Rei Amador.

NotasEditar

  1. Lemos, Carlos Neves (1975). Esboço Histórico das Ilhas de S.Tomé e Príncipe. (en portugués). 
  2. "O rei Amador, precursor do abolicionismo africano". www.afrocentricite.com (en francés). Consultado o 18 de maio de 2018. 
  3. "Billetes de San Tomé e Príncipe". www.banknote24.eu. Consultado o 16 de decembro de 2019.