Abrir o menú principal

A regra de Wahl é unha regra de formación de palabras, desenvolvida polo lingüista Edgar de Wahl e aplicada no idioma artificial Interlingue (chamado tamén "Occidental") creado por el. Serve para crear certas formas gramáticas a través doutras (por exemplo substantivos de verbos).

RegraEditar

Os infinitivos dos verbos no idioma Interlingue teñen máis frecuentemente as terminacións en -ar ou -er. A raíz é recibida da seguinte maneira:

  1. Se, despois de retirar un -r ou -er do infinitivo, a raíz remata en vogal, engádeselle un -t ou cambia de y a t: crea/r, crea/t-, crea/t/or; atiny/er, atin/t, atin/t/ion
  2. Se a consoante final da raíz é d ou r, cámbiase a s: decide/er, deci/s-, deci/s/ion
  3. En casos restantes, con seis excepcións, ao se retirar a terminación dá a raíz esixida: duct/er, duct-, duct/ion.

Estas seis excepcións son:

  1. ced/er, cess-
  2. sede/er, sess-
  3. mov/er, mot-
  4. ten/er, tent-
  5. vert/er, vers-
  6. veni/r, vent-

e os verbos formados daquelas a forza de prefixos.

Polo tanto, a regra componse de tres partes, é frecuentemente chamada como as tres regras de Wahl.

Créanse os verbos de substantivos e de adxectivos, retirando as terminacións e recibindo a raíz. Despois de axuntar -r ou -er, recíbese o infinitivo na maioría de casos: decora/t/ion, decora/t-, decora/r.

AplicaciónEditar

Esta regra foi aplicada ao idioma Interlingue. Após unha modificación eventual pódese aplicar esta regra para a creación de novas formas de vocábulos particularmente en linguas románicas ou nas que toman prestado vocabulario de linguas románicas.

Véxase taménEditar