Refraneiro galego sobre o rato

Mal lle vai ó rato que soilo ten un burato.
O oficio do gato é mata-lo rato.
O que ha de come-lo rato, que o coma o gato.
  • A bo gato, bo rato.
  • A muller que non sabe cociñar é coma gata que non sabe ratear.
  • Cada moucho ó seu souto e cada rato ó seu burato [1].
  • Cada rato para o seu burato.
  • Cada rato ten o seu burato.
  • Cada rato ten o seu niño, e cada muller o seu abrigo.
  • Chuvia en maio, a mexadiña dun rato.
  • Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato [2].
  • Con fillos, o gato ben caza ó rato.
  • En marzo nin o mexo dun rato.
  • Entre o rato e o león, non hai comparación.
  • Entrou o rato no meu celeiro e fíxose o meu herdeiro.
  • Febreiriño corto cos seus días vinteoito, se dura máis catro non queda nin can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella na cortella, nin pastor para ir co ela, nin cornos no carneiro nin orellas ó pregoeiro.
  • Febreiro corto, cos seus días vinteoito, se durara máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no seu burato [3].
  • Fillo de gata, ratos mata [4].
  • Fillo de gato caza rato.
  • Gato con guantes non pilla ratos.
  • Gato maiador, nunca bo cazador.
  • Gato miañador, nunca foi rateador.
  • Gato que moito miaña, nunca moito caza.
  • Gato que moito miaña, poucos ratos caza.
  • Máis come o gato dunha vez que o rato nun mes.
  • Máis val ser cabeza de rato que rabo de gato [5].
  • Máis vale flaco no mato ca gordo no cu dun gato.
  • Mal anda o rato que non sabe máis dun burato.
  • Mal lle vai ó rato que soilo ten un burato.
  • Malia o rato que non sai do burato.
  • Moito sabe o rato, pero máis o gato.
  • Mórrense os gatos e alégranse os ratos.
  • Muller que non sabe cociñar e gata que non sabe ratear, nada vale.
  • Na casa en que non hai gatos, campan os ratos.
  • Na casa en que non hai gatos, non faltan ratos.
  • O dente do rato é bo dente que sempre deixa a semente.
  • O fillo da gata ós ratos mata.
  • O fillo do gato mata ó rato [4].
  • O gato berrador non é mal rateador.
  • O oficio do gato é mata-lo rato.
  • O que ha de come-lo rato, que o coma o gato.
  • O que has de dar ó rato, dállo ó gato.
  • O que lle has dar ó rato, dallo ó gato, anque máis come un gato dunha vez, que un rato en tres.
  • O rato da casa, un día ou outro se caza.
  • O rato e o gato non comen nun mesmo prato.
  • O rato non se fía dun soilo burato.
  • O rato que non sabe máis dun furado, cóllese axiña, se está tapado.
  • O rato que non sabe máis dun burato, logo o pilla o gato.
  • O rato que non sabe máis dun burato non é bo rato.
  • O rato que soilo sabe dun burato, axiña o apaña o gato.
  • O rato que soilo ten un burato, logo cai nas unllas do gato.
  • O rato vello non cai na rateira.
  • Onde non hai pan non o comen os ratos [6].
  • Polo rabo da coller vai o rato á ola.
  • Polo rabo da culler vai o rato ó pote [7].
  • Ratos arriba, que todo o branco é fariña.
  • Tarde se arrepinte o rato cando xa está na boca do gato.
  • Vale máis manta lavada de merda do gato que roída do rato.
  • Vale máis rato fraco que gordo no cu do gato.
  • Vale máis ser cabeza de rato que rabo de gato.

Notas editar

  1. É dicir, xa é hora de irse cada un á súa casa. Elixio Rivas Quintas (1978).
  2. Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: d’un.
  3. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro. No orixinal: corzo, sic por corto.
  4. 4,0 4,1 Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  5. Eladio Rodríguez González, s. v. cabeza.
  6. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: nono.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. rabo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar