Refraneiro galego da abella
- Artigo principal: A abella na cultura popular galega.
- A abella i a ovella en abril deixan a pelexa [1].
- A abellariza e o coello, no monte vello.
- A auga enriba de mel sabe mal e fai ben [2].
- A cera sobexa queima a igrexa [3]
- A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto [4][5].
- A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
- A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa.
- A quen Dios quer ben, caille a sopa no mel.
- A quen se fai de mel, cómeno as moscas.
- Abella e ovella, e pedra que trebella.
- Abellas revoltas, tempestades ás voltas [1].
- Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
- Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
- Ano de abellas, ano de ovellas.
- Ano de enxames, ano de fames [6].
- Ano de ovellas, ano de abellas [7][8].
- A quen con mel trata, algo se lle pega [9].
- A todos lle gusta o mel, e a min tamén [9].
- Abella e ovella, e pedra que trebella [1].
- Abellas revoltas, tempestades ás voltas [1].
- Ano de enxames, ano de fames [6].
- As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva [10].
- As moscas no verau comen o mel e comen o gando.
- Ás solteiras mel, ás casadas fel.
- Ata despois da vendimia non cáte-la entena.
- Ata lavar os galleiros non cáte-lo teu abelleiro.
- Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!”.
- Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.
- Auga de agosto dá mel e mosto [11].
- Auga de agosto, mel e mosto [2].
- Auga en agosto, azafrán, mel e mosto [12].
- Cando chove en agosto, chove mel e mosto.
- Cando chove por agosto, chove mel e mosto [13].
- Cando é moita a cera na igrexa está o abade de festa [14].
- Canto máis doce é o mel, máis zugan as abellas nel [15].
- Chuvia polo agosto é mel e mosto [16].
- Con mel cóllense as moscas [9].
- De Dios vén o ben e das abellas o mel.
- Debaixo de mel hai moitas veces fel [17].
- Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben.
- En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas.
- En abril morre a fraca; a colmea, non a vaca [18].
- En agosto chove mel e mosto.
- En pombas e en abellas nunca metas o que teñas.
- En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
- Enxame de maio vale un bo cabalo [6].
- Enxame probe, no inverno nace e no maio morre [6].
- Enxame probe, se do inverno sale no maio morre [6].
- Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre.
- Esta nosa filla non dá tino a naide; nin é mel, nin fel, nin vinagre [19].
- Facédevos mel, e comeranvos as moscas [6].
- Máis moscas se pillan con mel ca con fel.
- Máis moscas xunta covo de mel que ola de vinagre [9].
- Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.
- Máis val pan con mel que pan sin el [20]
- Marzo marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella [21].
- Marzo, marzán, pola maña cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.
- Miguel, Miguel, non tes abellas e mais vendes mel [22].
- Moscas comen o mel i o gando.
- Non é o mel pra boca do burro [9].
- Non está feito o mel prá boca do burro.
- Non hai máis cera ca que arde.
- Non hai mel sin fel [9].
- Non se fixo o mel pró fuciño do porco [9].
- Non sea tanta a cera que prenda lume [14].
- O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can [6].
- Ó porco teixo non o quer San Antón porque arrouba a cera de alumear ó Señor.
- Ó que ha de morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
- O que mata unha abella ten cen anos de pena [1].
- O que mata unha abella, ten cen anos de pena; o que mate un abellón ten cen anos de perdón.
- O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
- O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
- Ó que se fai mel cómeno as moscas.
- Ó que se volve mel, cómeno as moscas [9].
- O que ten moito mel, cómeo con pan, cómeo sin el, ou cómeo como quer [23].
- O viño con mel sabe mal e fai ben [24].
- Ofrece-lo pez, que a cera vai cara.
- Os recíos de agosto son mel e mosto [5].
- Ovella e abella, e pedra que trebella, e péndola tras da orella, cobizaba pró seu fillo a vella.
- Ovella vella e enxamio probe, no maio morre.
- Ovella, abella, pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella.
- Ovella, abella, pedra que trebella, partes na igrexa e péndola tras da orella, deseaba para o seu fillo a vella.
- Ovellas e abellas nas túas devesas e non nas alleas.
- Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas.
- Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel [25].
- Polo San Miguel sabe o touciño a mel [25].
- Prá boca do burro non se fixo o mel.
- Quen anda co mel chúpase os dedos [9].
- Quen anda co mel sempre se lle apega algo del [9].
- Quen con mel trata, ben sabe o que é doce [9].
- Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.
- Quen se fai de mel, cómeno as moscas [9].
- Quen todo é mel, cómeno as abellas [9].
- San Pedro por unha abella matounas todas.
- Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da eirexa.
- Se queres mel, por San Miguel.
- Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas, e se queres ter mel mira polo san Miguel[26]
- Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel [1].
- Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra [27]
- Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
- Se tivéra-la túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abelleiro, ¿a quen acodirías primeiro?
- Todos ó mel e todos ó fel [28].
- Unha mala abella revolve un cobo [1].
- Unha mala abella revolve unha colmea [1].
- Unha mestra pra moitas abellas e un pastor pra moitas ovellas [1].
- Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
- Vinagre e mel saben mal e fan ben [29].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Eladio Rodríguez González, s. v. abella.
- ↑ 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
- ↑ Sobexo significa demasiado, excesivo. Eladio Rodríguez González, s. v. cera.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: chuva, non e chuva.
- ↑ 5,0 5,1 Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
- ↑ Real Academia Galega (1913-, s. v. ano.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
- ↑ 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 Eladio Rodríguez González, s. v. mel.
- ↑ A Madalena celébrase o 22 de xullo. Eladio Rodríguez González, s. v. abella.
- ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: da.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. auga.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
- ↑ 14,0 14,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cera.
- ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: avellas, nél.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. mel, s. v. debaixo.
- ↑ Aníbal Otero Álvarez (1977).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: él.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1988). No orixinal: nâo, abelhas.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. mel. No orixinal: tèn, él.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
- ↑ 25,0 25,1 Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.
- ↑ As Candeas ou a Candelaria é o 2 de febreiro; e san Miguel, o 29 de setembro.
- ↑ A vela fai referencia ós cirios que se poñen rodeando ó cadaleito.
- ↑ É dicir, hai que andar ás duras e ás maduras. Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. vinagre.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Refraneiro galego da abella |
Bibliografía
editar- s/n (1943). "Refraneiro" (PDF). Saudade (3): 24–25.
- Otero Álvarez, Aníbal (1977). Vocabulario de San Jorge de Piquín. Verba, anexo 7. Universidade de Santiago de Compostela.
- Real Academia Galega (1913-1928). Diccionario gallego-castellano.
- Rivas Quintas, Elixio (1978). Frampas, contribución al diccionario gallego. Salamanca: CEME.
- Rivas Quintas, Elixio (1988). Frampas II, contribución al diccionario gallego. Lugo: Alvarellos.
- Rodríguez González, Eladio (1958-1961). Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo: Galaxia.