Aníbal Otero
Aníbal Otero Álvarez, nado en Barcia (Ribeira de Piquín), o 21 de xaneiro de 1911 e finado na mesma aldea o 11 de marzo de 1974, foi un lingüista e escritor galego.[1]
Aníbal Otero | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1911 e 1911 |
Lugar de nacemento | Barcia |
Falecemento | 1 de marzo de 1974 e 1974 |
Lugar de falecemento | Barcia |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou Filosofía e Letras en Madrid, especializándose en Fonética so a guía de Tomás Navarro Tomás. Participou, desde antes de rematar a carreira, na elaboración no Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) que supervisaba Ramón Menéndez Pidal e dirixía o seu mestre Navarro Tomás, realizando investigacións lingüísticas en Galiza e mais no norte de Portugal. En Galiza levou el só as enquisas en 45 dos 53 puntos propostos para investigar.[2] No norte de Portugal, onde estaba a completar as enquisas, sorprendeuno o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi entregado ás autoridades españolas o 5 de agosto de 1936 e acusado de espionaxe, ao parecer por se lle descubriren cadernos de enquisas do ALPI con transcricións fonéticas (á parte de viaxar en coche oficial da República española).[3] Foi condenado a morte e amnistiado, pero permaneceu na cadea, en Burgos, ata o 22 de maio de 1941, data na que se lle outorgou a liberdade condicional.
En 1952, retomou os traballos para o ALPI, pois Navarro Tomás ao devolver os materiais do mesmo ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que custodiaba, esixiu que a continuación do labor fose efectuada polos mesmos colaboradores anteriores. Otero pasou a percorrer Portugal, nesta altura so a dirección do filólogo portugués Luís Lindley Cintra e do valenciano Manuel Sanchis Guarner, nos anos 1953 e 1954 [4].
O resto da súa vida transcorreu na súa aldea natal de Barcia, como un campesiño máis, onde faleceu en 1974.
É autor de Contribución al diccionario gallego (1967) e de Vocabulario de San Jorge de Piquín (1977); en 1994 publicouse postumamente a súa novela autobiográfica Esmoriz.
Malia ser proposto para entrar na Real Academia Galega e ser esta suxestión votada a favor en 1964, non chegou a tomar posesión como académico.
ObraEditar
Libros de lingüísticaEditar
- Contribución al diccionario gallego. Vigo. Fundación Penzol - Galaxia. 1967.
- Vocabulario de San Jorge de Piquín, anexo nº 8 da rev, Verba. Anuario gallego de Filología. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. 1977 (publicación póstuma).
Artigos lingüísticosEditar
- "'Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugués", serie de 24 contribucións, publicados en Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela. CSIC, desde 1949 a 1971.
- "Contribucións al léxico gallego y asturiano", serie de 10 contribucións, publicados en Archivum. Revista de la Facultad de Filosofía y Letras. Oviedo, desde 1953 a 1964.
- "Una versión latina popular de las doce palabras retorneadas", in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. VI. Santiago de Compostela. C.S.I.C. 1951.
- "Irregularidades verbales del gallego", in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. VII. Santiago de Compostela. CSIC. 1952, páxs. 399-405.
- "Voces onomatopéyicas del gallego-portugués", in Homenaje al Excelentísimo Sr. Dr. Emilio Alarcos García, t. II. Valladolid. 1965-1967, páxs. 63-72.
- "Algunas adiciones al léxico hispánico", in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. XXIV. Santiago de Compostela. CSIC. 1969, páxs. 154-171.
- En colaboración: Sanchís Guarner, M.; Rodríguez Castellano, L.; Otero Álvarez, A.; Cintra, L.F. Lindley, "El Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI): Trabajos, problemas y métodos", in Actas do IX Congresso Internacional de Linguística Românica, vol III. Lisboa. 1962, páxs. 113-120.
NovelaEditar
- Esmoriz. 1994, Sotelo Blanco (publicación póstuma).
NotasEditar
- ↑ El filólogo que fue confundido con un espía y condenado por el franquismo, Público 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ Alonso Montero, Na morte de Aníbal Otero
- ↑ Aníbal Otero, o espía que nunca existiu.
- ↑ Antón Santamarina, Anibal Otero (1911-1974)
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Alonso Montero, X. Na morte de Aníbal Otero, Faro de Vigo, 23-VI-1974, Língua, literatura e sociedade en Galicia: 25 anos de Filoloxía galega, 1951-1976. Akal. 1977, p. 107-110.
- Alonso Montero, X. Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 2011.
- Santamarina, Antón, "Aníbal Otero (1911-1974)", Verba. Anuario gallego de Filología, vol. nº 2. Universidade de Santiago de Compostela. 1974, p. 7-12.
- Sousa, Xulio, "Notas sobre o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica en Galicia" en M. Brea / F. Fernández Rei / X. L. Regueira (eds.): Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. USC. 2008, p. 299-306.